Mourulle, Taboada
parroquia civil do concello de Taboada From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).
Remove ads
Historia
En rigor, a parroquia non conta con ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do encoro de Belesar no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de San Xián de Insua, a escasos quilómetros.
Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.[2]
Mourulle deu nome tamén á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.
Remove ads
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Mourulle entre 2000 e 2020 |
![]() |
Datos segundo o IGE.[3] |
Galería de imaxes
- Ponte Fortes.
- Ponte Mourulle.
- Ponte Mourulle.
- Ponte Mourulle.
- Ano 2011. Vista de Mourulle.
- Igrexa nova de Friamonde
- Mourulle na 1.ª edición do MTN a escala 1:50.000, 1952.
Lugares e parroquias
Lugares de Mourulle
Lugares da parroquia de Mourulle no concello de Taboada (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Taboada
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads