Musa ibn Nusayr
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Abu Abd ar-Rahman Musa ibn Nusayr ibn Abd ar-Rahman Zayd al-Lajmi (en árabe,أبوعبد الرحمن موسى بن نصير بن عبد الرحمن زيد اللخمي), coñecido simplemente como Musa[1], nado no Iemen cara ao 640 e finado en Damasco, actual Siria, no 716, foi un militar musulmán, gobernador e xeneral da dinastía Omeia.
Remove ads
Traxectoria
Participou na invasión musulmá da Península Ibérica, tomando parte na guerra civil que tiña lugar no Reino Visigodo entre os partidarios de Don Rodrigo e os de Akhila II, fillo de Vitiza. Foi este último quen solicitou a axuda de Musa, penetrando en territorio visigodo no 712.
Repartiu os seus dominios entre os seus fillos, feito polo cal o califa Suleimán I chamouno a Damasco a render contas, sendo acusado de malversación. Condenárono a morte, pero finalmente conmutóuselle a pena polo pagamento dunha considerable suma de diñeiro. Pouco despois asasinárono nunha mesquita de Damasco.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads