Mosca (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mosca (constelación)
Remove ads

Musca ou Mosca[1] é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Datos rápidos Musca, Nome latino ...
Remove ads

Obxectos notables

A transitoria suave de raios-X Nova Muscae 1991 (ou Nova de Raios-X) é un obxecto binario consistente nunha estrela e nun burato negro. Durante o 1991 tivo un arranque de actividade que permitiu descóbrela, a radiación foi producida a través dun proceso de aniquilación positrónica. Musca tamén contén unha infrecuente nebulosa planetaria NGC 5189, localizada a máis de 3,000 anos luz da Terra. É unha estrutura complexa única que se asómella en miniatura á nebulosa do cangrexo. Tamén dentro da constelación está a Nebulosa do Reloxo de Area (MyCn 18) a unha distancia de 8,000 anos luz. O comparativamente vello cúmulo globular NGC 4833 preto de Delta Muscae está a 21,200 anos luz de distancia e un tanto escurecido por nubes de po preto do plano galáctico. O cúmulo globular NGC 4372 preto de Gamma Muscae é debilitado e parcialmente escurecido por po, pero estendese máis minutos de arco.

Remove ads

Estrelas con nomes propios

Máis información Estrela, Nome ...

Historia

Musca, no seu nome orixinal ApisA Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille mudoulle o nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads