Apus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apus
Remove ads

Apus ou Ave do Paraíso[1][2] é unha constelación do sur. Aparece por primeira vez na Uranometría de Johann Bayer do (ano 1603), pero puido ser usada por navegantes con anterioridade.

Datos rápidos Nome latino, Abreviatura ...
Remove ads

Estrelas principais

  • α Apodis, a estrela máis brillante da constelación con magnitude 3,83, unha xigante laranxa a 411 anos luz.
  • β Apodis, tamén xigante laranxa de magnitude 4,23, a terceira estrela máis brillante de Apus. Unha posible compañeira de magnitude 12 atópase a 85 segundos de arco.
  • γ Apodis, a segunda estrela máis brillante na constelación con magnitude 3,89, unha xigante amarelo-laranxa a 160 anos luz.
  • δ Apodis, denominación compartida por dúas estrelas distintas: δ1 Apodis, xigante vermella e variable irregular, e δ2 Apodis, xigante laranxa.
  • θ Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo oscila entre a magnitude 6,4 e 8,6 nun período de 119 días.
  • R Apodis, aínda que leva a denominación de variable R, actualmente pénsase que non é unha estrela variable. A súa magnitude é 5,37.
  • NO Apodis, xigante vermella e variable semirregular, o seu brillo varía entre unha magnitude 5,71 e 5,95.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 6101. AR: 16h 25m 48.0s Dec: -72°12'00" (Época 2000). Cúmulo globular feble, 7º ó norte de γ Apodis.
  • IGC 4499, cúmulo globular a 600.000 anos luz de distancia de moi difícil observación.

Mitoloxía

Apus refírese ó ave do paraíso que se coñeceu coma Ave da India. Outros indican que provén do grego ἄπους apus que significa "sen pés", facendo referencia o mito grego sobre paxaros que parecían non ter patas durante voo.

Thumb
Representación das constelacións de Apus, Hydrus, Grus, Pavo, Tucana e outras austrais.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads