Muscicapoideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos muscicapoideos (Muscicapoidea) é unha superfamilia de aves paseriformes da suborde dos páseros pertencente á infraorde dos paséridos.[1] As especies deste grupo distribúense case por todo o mundo.[2]
A superfamilia componse actualidade por seis familias, debido a que moitas que antes se situaban neste grupo foron desprazadas a outras subfamilias, como as dos Sylvioidea, os Certhioidea, os Reguloidea e os Bombycilloidea.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A superfamilia foi creada en 1990 polos ornitólogos estadounidenses Charles Sibley e Jon Edward Ahlquist.[2]
Porén, na clasificación das aves de Sibley e Ahlquist de 1990 a superfamilia comprendía tamén a familia dos Bombycillidae.[1]
Etimoloxía
O nome científico Muscicapoidea está formado engadíndolle ao nome co seu xénero tipo, Muscicapa, a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de papamoscas".
Clsificación
Pero estudos posteriores, ademais de confirmar a monofilia dos muscicapoideos, desminten a pertenza dos bombicílidos a este grupo, e suxiren a súa colocación nunha superfamilia diferente, a dos bombiciloideos (Bombycilloidea).[2][3][4][5][6][7]
Na actualidade, por tanto, recoñécense na superfamilia Muscicapoidea as seguintes seis familias:[1]
- Buphagidae Lesson, 1828
- Mimidae Bonaparte, 1853
- Sturnidae Rafinesque, 1815
- Cinclidae Borkhausen, 1797
- Turdidae Rafinesque, 1815
- Muscicapidae Vigors, 1825
Filoxenia
As relacións filoxenéticas entre estas familias son:[1]
Muscicapoidea
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Remove ads
Galería
- Buphagus africanus
(Buphagidae) - Mimus polyglottos
(Mimidae)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads