Museo Nusantara (Delft)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Museo Nusantara (en neerlandés: Museum Nusantara) foi unha institución museística sobre Indonesia (ex Indias Orientais Neerlandesas) sito no número 4 da praza Sint Agathaplein, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. [1]
A colección estaba composta por arte e utensilios tradicionais de Indonesia, e pretendía achegar unha idea da historia e da cultura dos diversos grupos étnicos daquel país.
Ademais, este museo foi unha mostra das relacións existents durante catro séculos entre Indonesia e os Países Baixos, logo de que en 1595 partise a primeira frota holandesa cara ás Indias Orientais e en 1602 se establecese a Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC).[2]
Remove ads
Historia

En 1864, o Consello Municipal de Delft decidiu crear unha institución para a educación en lingüística e en etnoloxía das Indias Orientais Neerlandesas, vinculada tamén á Escola Politécnica de Delft (actual Universidade de Tecnoloxía de Delft). Este organismo, chamado Institución Indiana (Indische Instelling), creou unha colección inicial de obxectos para utilizar nese proceso educativo, que constituíu o núcleo dos fondos do posterior Museo Nusantara. O proxecto educativo finalizou en 1899, cando a colección abranguía arredor de 5.000 obxectos.[3]
En 1909 a exposoción instalouse provisoriamente no Museo Prinsenhof, e en 1911 abriuse oficialmente o museo etnográfico co nome de Nusantara, e os fondos trasladáronse do Prinsenhof á sede da praza Sint Agatha Plein.
A partir de aí, a colección continuou agrandándose ata chegar aos 18.000 obxectos, 16.000 fotografías e soportes de imaxe, e 8.000 fondos bibliográficos relativos a Indonesia.
En 1954 fundouse a Asociación de Amigos do Museo Etnográfico, e en 1962 a Fundación para a Propiedade da Arte Etnográfica, coa misión de conseguir fondos económicos e adquirir novas pezas para o museo.
No marco da reestruturación do uso de edificios e institucións municipais, o Concello de Delft, propietario do edificio e da colección, decidiu o pechamento do museo o 6 de xaneiro de 2013. En abril de 2014 anunciouse que a antiga colección do Museo Nusantara sería dividida provisionalmente entre diversos museos, entre outros o Museo Prinsenhof, tamén de Delft, e o Museo Volkenkunde, de Leiden, aínda que existe un proxecto de reestablecemento do museo, pendente de concreción.[4][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads