Nürnberg

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nürnbergmap
Remove ads

Nürnberg[1] (en alemán: Nürnberg De-Nürnberg2.ogg [ˈnʏʁnbɛʁkʰ] , no dialecto fráncico: Nämberch), ás veces escrito en galego Núremberg,[2] é unha cidade alemá da rexión administrativa da Franconia Media, no estado de Baviera. Atópase xunto ao río Pegnitz e ten unha poboación de 540.000 habitantes (2022).

Datos rápidos Localización, Capital de ...

É coñecida polo seu mercado de Nadal, visitado por máis de dous millóns de persoas. Acolleu tamén os xuízos contra os nacionalsocialistas no final da segunda guerra mundial.

Remove ads

Historia

Thumb
Nürnberg no ano 1700.

A súa historia remóntase a 1050. O seu centro histórico está rodeado por unha muralla medieval de máis de 5 km construída en 1325. Esta muralla foi a terceira que se construíu debido ao crecemento da súa poboación co paso dos anos e para garantir a seguridade da cidade, xa que custodiaba as reliquias e xoias imperiais entre 1424 e 1796.

En 1934 o Partido Nazi celebrou o seu Congreso Partidario do Reich. Estas imaxes pódense ver no filme Triumph des Willens de Leni Riefenstahl, que marca o apoxeo da propaganda nazi.

Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polos británicos o 13 de outubro de 1941 e trala propia guerra os aliados celebraron os xuízos de Nürnberg para xulgar ós dirixentes alemáns capturados.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads