Franconia Media

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia

Franconia Mediamap
Remove ads

A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...

Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado.

A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.[2]

Remove ads

Escudo de armas

O escudo de armas da Franconia Media mostra:

División da Franconia bávara

O rei Lois I de Baviera dividiu a zona norte do deu reino, a Franconia bávara, en tres zonas: a Alta Franconia, a Franconia Media e a Baixa Franconia.[Cómpre referencia]

Divisións da Franconia Media

A Franconia Media subdivídese en cinco cidades-distrito (Kreisfreiestadt) e sete distritos (Landkreise):[6]

Cidades-distrito

  1. Ansbach
  2. Erlangen
  3. Fürth
  4. Núremberg
  5. Schwabach

Distritos

  1. Ansbach
  2. Erlangen-Höchstadt
  3. Fürth
  4. Neustadt an der Aisch-Bad Windsheim
  5. Nürnberger Land
  6. Roth
  7. Weißenburg-Gunzenhausen

Xeografía

Evolución da poboación

Máis información Ano, Habitantes ...

Ríos

  • Aisch
  • Altmühl
  • Aurach
  • Bibert
  • Fränkische Rezat
  • Pegnitz
  • Rednitz
  • Regnitz
  • Schwabach (Rednitz)
  • Schwabach (Regnitz)
  • Tauber
  • Wörnitz
  • Zenn

Lagos

  • Altmühlsee
  • Großer Brombachsee
  • Igelsbachsee
  • Kleiner Brombachsee
  • Rothsee

Montañas

O Xura de Franconia (Fränkische Alb) é unha cordilleira que se estende ao longo do oeste da Franconia Media. A montaña máis alta é o Hesselberg con 689 m no suroeste da cordilleira. Ademais o Moritzberg, cerca de Núremberg.

Remove ads

Historia

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguintes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Rezatkreis cambiou a Franconia Media.

Remove ads

Economía

O oeste da Franconia Media é sobre todo rural. A industria concéntrase no leste da rexión e principalmente en Núremberg, Fürth, Erlangen e Schwabach. Segundo o PIB, a Franconia Media é unha das rexións máis ricas da Unión Europea, co índice de 137,2 (en 2004). (EU27: 100, Alemaña: 115,8).[7]

Principais industrias

  • Adidas
  • Apollo-Optik
  • Areva
  • AEG Hausgeräte
  • Bosch
  • Bruder Spielwaren
  • DATEV eG
  • Diehl Stiftung
  • dialo.de
  • Faber-Castell
  • Frankenpilger
  • Geobra Brandstätter GmbH & Co. KG (Playmobil)
  • GfK
  • HOB
  • Schaeffler Gruppe
  • KarstadtQuelle AG
  • KarstadtQuelle Versicherungen
  • Leoni AG
  • Loos International
  • MAN AG
  • Nestlé Schöller
  • Novartis
  • Nürnberger Versicherungsgruppe
  • Oechsler AG
  • Prinovis
  • PUMA
  • Schafft (Bifi)
  • Schanzenbräu
  • Schwan-Stabilo
  • Sielaff
  • Siemens AG
  • Simba-Dickie-BIG
  • Staedtler
  • Uvex
  • Wilisch & Sohn GmbH
  • Triumph-Adler
Remove ads

Transporte

Tráfico aéreo

  • Aeroporto de Núremberg, conexións internacionais

Ferrocarril

Autoestradas

  • A3 (Fráncfort del Meno)–Wurzburgo–Núremberg−(Passau–Viena)
  • A6 (Heilbronn)–Ansbach–Núremberg–(Amberg–Waidhaus–Pilsen)
  • A7 (Hamburgo–Wurzburgo)–Rothenburg ob der Tauber–(Ulm–Füssen)
  • A9 (Berlín)–Núremberg–(Múnic)
  • A73 Núremberg–Fürth–Erlangen–(Bamberg–Coburg–Erfurt)

Vías fluviais

  • O canal Meno-Danubio atravesa Bamberg, Erlangen, Fürth, Núremberg até Kelheim e desemboca aí no Danubio. Forma parte da vía fluvial directa que vai desde o mar do Norte até o mar Negro.
Remove ads

Irmandamentos

A Franconia Media está irmandada coa rexión francesa do Lemosín (departamentos de Alto Vienne, Corrèze e Creuse) e un cunha provincia (voivodato) polaca, Cuiavia-Pomerania (Województwo kujawsko-pomorskie).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads