Nábidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os nabidos (Nabidae) son unha familia de insectos hemípteros. Comprende unhas 500 especies en 20 xéneros.[1] Teñen corpos brandos, alongados, e son predadores terrestres. Moitos deles capturan e reteñen presas coas súas patas anteriores, similares ás dos mántidos. Considéranse especies útiles para a agricultura debido a que depredan moitos tipos de pragas dos cultivos.[2]



Os nábidos do xénero Nabis son os máis comúns. Eles e outros xéneros son máis numerosos en campos de legumes como os de alfalfa, pero poden encontrarse en moitos outros cultivos e en áreas non cultivadas. En cor son de amarelos a pardos e teñen ollos grandes bulbosos e patas tipo zanco. Son predadores xeneralistas, capturando case calquera insecto que sexa máis pequeno ca eles e canibalízanse entre eles cando non dispoñen doutra comida. Varias especies poden morder aos humanos.[3] Os membros da subfamilia Prostemmatinae reprodúcense por inseminación traumática.[4]
Remove ads
Xéneros
Estes 23 xéneros pertencen á familia Nabidae:
- Alloeorhynchus Fieber, 1860 i c g b
- Alloeorrhynchus c g
- Anaptus Kerzhner, 1968 i c g
- Arachnocoris Scott, 1881 g
- Arbela Stål, 1865 g
- Carthasis Champion, 1900 i c g b
- Gorpis Stål, 1859 g
- Himacerus Wolff, 1811 i c g b
- Hoplistoscelis Reuter, 1890 i c g b
- Karanabis Bekker-Migdisova, 1963 g
- Lasiomerus Reuter, 1890 i c g b
- Metatropiphorus Reuter, 1872 i c g b
- Nabicula Kirby, 1837 i c g
- Nabis Latreille, 1802 i c g b
- Omanonabis Asquith e Lattin, 1991 i c g
- Pagasa Stål, 1862 i c g b
- Phorticus Stål, 1860 i c g b
- Praecarthasis Kerzhner, 1986 g
- Prostemma Laporte, 1832 g
- Reduviolus Kirby, 1837 g
- Rhamphocoris Kirkaldy, 1901 g
- Stalia
- Stenonabis Reuter, 1890 g
Fontes dos datos: i = ITIS,[5] c = Catalogue of Life,[6] g = GBIF,[7] b = Bugguide.net[8]
Remove ads
Historia evolutiva
Varios xéneros de fósiles foron atribuídos á familia, incluíndo Karanabis do Xurásico superior da formación Karabastau de Kazakhstán, pero foi despois asignado a outras familias. O rexistro definitivo máis temperán da familia é Cretanazgul do Cenomaniano atopado en ámbar birmano, que pertence á subfamilia Prostemmatinae.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
