José Ignacio Fernández Palacios

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Ignacio Fernández Palacios máis coñecido como Nacho, nado en Foz o 3 de febreiro de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba na demarcación de lateral esquerdo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Entre os anos 1984-86 fórmase no Gran Peña Fútbol Club que por aquel entón actuaba como filial do Celta de Vigo, equipo polo que ficha en 1986, debutando o 9 de novembro dese ano.

Xogou no Celta seis anos, vivindo un ascenso na súa primeira tempada, tres anos en Primeira División, un descenso e un novo ascenso, tras o cal ficha polo SD Compostela tamén en Segunda División ao ficar fóra das aliñacións de Txetxu Rojo.

Co equipo compostelán ascende á máxima categoría tras dúas tempadas en Segunda. Nos poucos anos que o SD Compostela militou en Primeira fixo memoables tempadas baixo a dirección do adestrador Fernando Vázquez, declarándose na 1995/96 subcampión de inverno, e rematando o ano no 10º posto.

Despois de catro anos en Primeira o SD Compostela descendeu a Segunda e con el Nacho, deixando o fútbol en activo no ano 2000, tras moitos problemas físicos co tendón de Aquiles [1]

Internacionalidade

Foi un exemplo de coherencia para moitos deportistas ao renunciar publicamente a competir coa Selección de fútbol de España ao entender que, concordando coa súa ideoloxía nacionalista, a única que podía representar os seus sentimentos era a Selección galega.

Tecnicamente nunca foi convocado coa Selección Española, pero o propio seleccionador Javier Clemente falou del o 5 de novembro de 1995 coma serio candidato para ser o suplente do catalán Sergi na Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996, despois de ser nomeado mellor lateral por detrás do xogador do FC Barcelona.

Non me interesa nin me apetece Nacho Fernández (1995)

Finalmente puido ver xogar a Selección de fútbol de Galicia o 25 de decembro de 2005 en San Lázaro ante Uruguai. Porén non puido ver cumprido o seu desexo de disputar o encontro.

O seu compromiso persoal coa causa da Selección galega chegou ata o punto de colaborar co grupo Xenreira na gravación da canción Selección Ska! para o disco Selección Xa!.

Adestrador

Ademais de colaborar como comentarista na TVG traballa como adestrador. Adestrou ao Cerceda, ao que chegou tras a destitución de Suso Moure case ao final da tempada 2009/10,[2] e no que permaneceu preto dun ano ata a súa dimisión en marzo de 2011 tras unha serie de malos resultados, a pesar de que o equipo ía de líder.[3] Pasou logo ao Club Ordes, equipo ao que dirixiu dende a tempada 2011/12 ata a 2014/15 na Terceira División.[4][5][6] Posteriormente adestrou durante uns meses de 2017 ao Alondras e na tempada 2017/18 á Sociedad Deportiva Negreira, ambos tamén de Terceira.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads