Nebula

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nebula
Remove ads

Nebula foi unha banda estadounidense de stoner rock. Formárona en 1997 o guitarrista Eddie Glass e o batería Ruben Romano despois de abandonar Fu Manchu. Rob Oswald substituiría a Ruben Romano no ano 2007.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Traxectoria

Nebula formouse no ano 1997 estando composta inicialmente polo guitarrista e vocalista Eddie Glass e o batería Ruben Romano. Uníuselles ao baixo Mark Abshire ata que abandonou o grupo durante a gravación de Atomic Ritual (2003), que foi producido polo coñecido roqueiro de desert rock Chris Goss. Simon Moon gravaría os baixos ata que atoparon a Tom Davies como baixista definitivo. Atomic Ritual foi lanzado con eloxios da crítica.

O seu disco Apollo publicouse nos Estados Unidos o 21 de febreiro do 2006. A banda comezou unha xira de promoción, rematando cunha parte europea en maio dese ano. Durante a xira europea estivo acompañado polo grupo de Texas The Sword.

A canción "Giant" apareceu na banda sonora dos videoxogos Tony Hawk's Pro Skater 4 e NHL 2K7, e "So It Goes" está en Tony Hawk's Underground 2.

No mes de marzo do ano 2010, despois de que Rob Oswald deixase a banda no medio dunha xira e fose substituído por Adam Kriney e Jimmy Sweet, Nebula anunciou a súa disolución cancelando os concertos restantes.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...

EPs

  • Let It Burn - 1998 (Relapse Records)
  • Sun Creature - 1999 (Man's Ruin)
  • Nebula/Lowrider - 1999 (Meteor City) EP compartido con Lowrider
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads