Nervio accesorio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Nervio accesorio
Remove ads

O nervio accesorio, nervio accesorio espiñal ou XI par cranial é un nervio mixto, que está formado pola unión dos ramos espiñal e neurocranial.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Orixe real

1. Núcleo bulbar: formado por células da porción inferior do núcleo ambiguo.
2. Núcleo medular: está situado na parte externa da hasta anterior da porción superior da medula cervical.

Orixe aparente

As ramas bulbares xorden do suco colateral posterior da medula oblongada por debaixo do pneumogástrico ou X par cranial.
As ramas medulares fanno do suco colateral posterior da medula.

Sae do endocranio polo burato rachado posterior xunto cos pares X e IX. Unha vez fóra da cavidade cranial, divídese en dúas ramas: unha rama interna, que contén as fibras de orixe bulbar e que termina uníndose ó ganglio plexiforme do vago; e unha rama externa, que descende atravesando o espazo retromandibular e termina innervando os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.

Á súa vez dá tres ramos terminais que son:

  • Ramo anastomótico para o X par cranial.
  • Nervios do esternocleidomastoideo: orixínanse a partir dunha asa formada pola anastomose do XI par coa correspondente rama do plexo cervical profundo.
  • Nervios do músculo trapecio.

Debido a que innerva o esternocleidomastoideo e o trapecio, ten por función mover o pescozo e a testa. Permite erguer a cabeza, mantela erquida e encoller os ombreiros. As súas lesións explóranse pedindo ó paciente que encolla os ombros.

Remove ads

Véxase tamén

Máis información Nervios craniais ...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads