Netta

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Netta
Remove ads

Netta é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.[1][2]

Etimoloxía

O nome científico Netta deriva do grego antigo netta, "pato".[3]

Especies

No xénero recoñécense tres especies:[1][2][4]

Máis información Imaxe, Nome científico ...

Nota taxonómica

O pato de cabeza rosa, probabelmente extinto, anteriormente foi clasificado como Rhodonessa caryophyllacea, pero demostrouse recentemente mediante análises filoxenéticas estreitamente relacionado co pato rubio,[5] polo que agora foi transferido ao mesmo xénero, como Netta caryophyllacea.

Porén, isto foi cuestionado debido ás numerosas e pronunciadas peculiaridades desa especie.

Remove ads

Características

Netta é un xénero de patos mergulladores. Pero a diferenza doutros patos mergulladores (anatinos), son reticentes a mergullarse e aliméntanse como os patos non mergulladores.

Son patos gregarios, que se encontran principalmente na auga doce.

Son bos voadores; as súas ás anchas e de punta roma requiren batidos máis rápidos que os de moitos patos, e despegan con certa dificultade. Non camiñan ben na terra como os patos terrestres porque as súas patas adoitan situarse máis atrás para axudarlles a impulsalas cando están baixo a auga.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads