Aitinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os aitinos (Aythynae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos. Comprende unhas 16 especies (algúns deles chamados parrulos mergulladores) que, aínda que morfoloxicamente son próximas aos parrulos convencionais da subfamilia dos anatinos (Livezey, 1986), presentan algunhas marcadas diferenzas, como na estrutura da traquea. Datos de secuencias de ADN mitocondrial do citocromo b e da subunidade 2 da NADH deshidroxenase indican que os patos mergulladores están bastante afastados dos parrulos prototípicos, e que as semellanzas externas se deben a evolución converxente.[1]
Alternativamente (por exemplo Terres, 1991),[2] cercetas, parrulos e mergulladores dos xéneros Marmaronetta, Netta e Aythya son situados como unha tribo Aythyini nunha subfamilia Anatinae, a cal comprenderían todas as aves semellantes aos parrulos, agás os do xénero Dendrocygna (cisnes arborícolas) que son incluídos xunto cos gansos na subfamilia Anserinae.
Existen outros parrulos que se mergullan mais que non pertencen a esta subfamilia, por exemplo: o pato rabeiro ou parrulo rabudo (Clangula hyemalis), os patos pentumeiros, os mergulladores do xénero Bucephala, os mergos dos xéneros Mergus e Lophodytes e os éideres dos xéneros Somateria e Polysticta, todos pertencentes á subfamilia Merginae.
Remove ads
Distribución
Aínda que a subfamilia Aythyinae é cosmopolita, a maioría dos membros son nativos do Hemisferio Norte e inclúen a varios dos parrulos máis comúns deste hemisferio.
Historia natural
Non todos os parrulos deste grupo mergullan, os do xénero Netta non o fan, mais os outros aliméntanse principalmente mergullando. Os do xénero Netta aliméntanse na superficie de forma semellante aos parrulos da familia Anatinae.
Os patos deste grupo son gregarios, atópanse maiormente en augas doces ou en esteiros, aínda que o pato bastardo vólvese mariño durante o inverno setentrional. Son fortes voadoras. As súas ás anchas, de punta roma requiren de batidas de ás máis frecuentes cás de moitos patos e engalan con certa dificultade. As especies do norte tenden a ser migratorias; as do sur non migran, aínda que o parrulo mergullador australiano viaxa longas distancias de forma irregular en resposta á choiva. Estes parrulos non camiñan tan ben coma os patos de Anatinae, as súas patas tenden a estar situadas máis atrás no corpo para axudar na propulsión cando están baixo a auga.
Remove ads
Sistemática
Aquí son incluídos os tres xéneros usualmente considerados na tribo Aythyini. A cerceta pedresa que é do xénero monotípico Marmaronetta, con todo semella moi distinta e podería ter diverxido antes da separación de Anatinae e Aytyinae segundo indican caracteres morfolóxicos (Livezey, 1986),[3] e moleculares (Johnson & Sorenson, 1999).[1] O probablemente extinto parrulo cabecirrosa, antes tratado separadamente no xénero Rhodonessa, suxeriuse que pertence a Netta (Livezey, 1998,[4] en contrario a Livezey, 1986[3]), pero isto foi cuestionado (Colar et al., 2001).[5] As análises de secuencia de ADN, que resolverían probablemente esta contradición, non se puideron realizar aínda por falta de mostras axeitadas. Podería ser unha diverxencia temperá dentro da liñaxe de Aythyinae.[3] A análise molecular de Johnson & Sorenson (1999)[1] tamén suxire que o parrulo carolino en:White-winged Wood Duck debería ser situado nun xénero monotípico Asarcornis, o cal é bastante próximo a Aythya e podería pertencer dentro desta subfamilia.
FAMILIA ANATIDAE
- Subfamilia Aythyinae
- Xénero Marmaronetta
- Xénero Netta (provisionalmente inclúe a Rhodonessa)
- Netta caryophyllacea, tamén Rhodonessa; probablemente extinta (1945?)
- Netta rufina,
- Netta erythrophthalma,
- Parrulo patagónico Netta peposaca,
- Xénero Aythya
- Aythya valisineria,
- Aythya ferina,
- Aythya americana,
- Aythya collaris,
- Aythya australis,
- Aythya baeri,
- Aythya nyroca,
- Aythya innotata creuse extinta, redescuberta (2006),
- Aythya sp. posiblemente Aythya innotata extinta (contra á década de 1690),
- Aythya novaeseelandiae,
- Aythya fuligula,
- Aythya marila,
- Aythya affinis,
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
