Neuroglobina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A neuroglobina é unha proteína da familia das globinas implicada na homeostase celular do oxíxeno. É unha hemoproteína intracelular que se expresa no sistema nervioso central e periférico, retina e tecidos do sistema endócrino. Investigacións recentes sobre a presenza de neuroglobina confirmaron que a neuroglobina humana pode atoparse no líquido cefalorraquídeo (o que é unha localización extracelular).[1]
![]() | |
Modelo de neuroglobina murina (de PDB 1Q1F) | |
Neuroglobina | |
Identificadores | |
Símbolo | NGB |
Entrez | 58157 |
HUGO | 6553 |
OMIM | |
UniProt | Q9NPG2 |
Outros datos |
A neuroglobina é un monómero que se une reversiblemente ao oxíxeno cunha afinidade maior que a hemoglobina; tamén se pode unir ao óxido nítrico (NO)[2]. Incrementa a dispoñibilidade de oxíxeno nos tecidos do cerebro e protexe contra a hipoxia ou a isquemia, o que limita os danos que se poderían producir no cerebro nesas situacións. A súa expresión indúcese precisamente pola hipoxia neuronal ou a isquemia cerebral.[3]
Probablemente a misión primaria da neuroglobina non é transportar oxíxeno, senón protexer contra a toxicidade do óxido nítrico (NO), o que promove a supervivencia e recuperación das neuronas nas áreas onde a subministración de oxíxeno foi reducido.[3]
A neuroglobina foi identificada por Thorsten Burmester et al. en 2000.[4] A estrutura tridimensional da neuroglobina humana foi determinada en 2003.[5] En 2004 determinouse a estrutura da neuroglobina de rato a maior resolución.[6] A súa orixe evolutiva é moi antiga, e é homóloga das globinas nerviosas dos invertebrados.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads