Niall Horan

cantante irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia

Niall Horan
Remove ads

Niall James Horan /ˈnəl ˈhɒrən/;[1] nado o 13 de setembro de 1993, é un cantante e compositor irlandés. O seu ascenso á fama débese a ter sido membro dende 2010 a 2016 do grupo musical, One Direction.[2] En 2010, Horan audicionou como solista no Factor X. Despois de ser rexeitado como solista, Horan uniuse a outros catro concursantes para formar One Direction. Como grupo publicaron cinco álbums, fixeron catro xiras internacionais, e gañaron varios premios, converténdose así nunha das bandas máis exitosas da historia. Despois de que os membros de One Direction decidiran deixar a banda temporalmente, Horan firmou un contrato con Capitol Records como solista. Os seus singles "This Town" e "Slow Hands" do seu álbum debut Flicker (2017) conseguiron o top 20 en moitos países e varios primeiros postos nas listas dos máis escoitados internacionalmente.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads