Norma Shearer

From Wikipedia, the free encyclopedia

Norma Shearer
Remove ads

Edith Norma Shearer, nada en Montreal o 10 de agosto de 1902 e finada en Woodland Hills, California o 12 de xuño de 1983, foi unha actriz canadense.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Montreal, onde se interesou pola música. Non obstante, tras ver un vodevil no seu noveno aniversario decidiu converterse en actriz. Tras o divorcio dos seus pais en 1920, marchou coa súa nai e a súa irmá a Nova York para buscar traballo no teatro.

Os seus primeiros traballos foron como extra en películas da Universal Pictures.[2]

Chegou a Hollywood en 1923, asinando un contrato coa Metro-Goldwyn-Mayer, da que foi unha das primeiras estrelas.

Na súa primeira proba de cámara para unha película coincidiu co produtor Irving Thalberg, que quedou moi impresionado con Shearer e a converteu na súa protexida. Casaron en 1927,[3] tras converterse ela ao xudaísmo.[4]

Shearer xa era unha actriz coñecida cando chegou o cinema sonoro, e foi unha das actrices que logrou facer a transición desde o mudo. Cansa de ter unha imaxe de “boa rapaza”, convenceu o seu marido para protagonizar The Divorcee en 1930. Con este filme gañou o Oscar á mellor actriz.[5] Tras este papel continuou interpretando personaxes sensuais nos anos anteriores ao Código Hays.[6]

Tras varios fracasos, retirouse en 1942.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads