Notostráceos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos notostráceos,[1] Notostraca, é unha orde de crustáceos branquiópodos.
Coñécense fósiles de notostráceos de máis de 200 millóns de anos de antigüidade.[2]
Na actualidade abrangue unha soa familia, a dos triópsidos (Triopsidae), con tan só dous xéneros.[3]
As súas especies coñécense como camaróns cágado.
Remove ads
Taxonomía
Descricións
A orde foi descrita en 1867 polo biólogo mariño e de auga doce noruegués Georg Ossian Sars.[4][5]
A familia describiuna en 1909 o xeólogo alemán Konrad Keilhack, [6] nun traballo publicado en Brauer's Süsswasserf. Deutschl., 10: 7.[7]
Etimoloxías
O nome científico Notostraca está formado pola unión dos elementos not- e -ostraca, tirados dos termos do grego antigo νῶτος nōtos "costas", e ὄστρακον óstracon, "cuncha" (de molusco, de tartaruga).[8]
En canto Triopsidae está formado pola adición ao nome do seu xénero tipo, Triops, o sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Xéneros
A familia Triopsidae comprende dous xéneros:[6]
Remove ads
Características
Os notostráceos son animais que viven en xeral en augas doces e que presentan unha serie de trazos que permiten distinguilos claramente do resto dos branquiópodos.[2]
As especies dos dous xéneros actuais están considerados fósiles viventes, e non cambiaron significativamente desde o Triásico.[9]
Teñen o corpo formado por tres tagmas: céfalon, tórax e pleon; os dous primeiros e parte do pleon están cubertos por unha casca dorsal en forma de escudo.[10]
Esta casca fai inconfundíbel a esta orde, e recorda un pouco aos cangrexos de ferradura (orde dos xifosuros, da clase dos merostomados), animais mariños de moito maior tamaño.[2]
Posúen un ollo naupliano e dous ollos compostos sésiles. O segundo par de antenas e as maxilas están reducidas ou faltan por completo.
O tórax consta de 11 segmentos, cada un cun par de apéndices (toracópodos) de tipo filopodial, é dicir, aplanados, foliáceos e lobulados. O pleon consta de 13 a 33 segmentos, con 29 a 52 pares de apéndices (pleópodos), de estrutura similar aos toracópodos. O telson posúee un par de cercos anelados moi longos.
Remove ads
Ciclo de vida
Nas poboacións dos notostráceos do hemisferio norte dase con frecuencia un fenómeno de partenoxénese, segundo o cal, de ovos non fecundados nacen unicamente fembis, sendo os machos case inexistentes. Mentres que, a medida que se avanza cara aos trópicos, os machos poden chegar incluso a superar en número ás femias.
O macho adhírese ao cacho da femia e xunta seu 11º par de patas coas da femia. Tanto os ovos fecundados, como os que non o son, almacénanse nun compartimento que se encontra en 11º par de patas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads