O centro do labirinto
obra literaria de Agustín Fernández Paz From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O centro do labirinto é un libro de Agustín Fernández Paz publicado en 1997 por Edicións Xerais. En 2009 saíu do prelo a 11ª edición.
Remove ads
Resumo
A acción ten lugar a mediados do século XXI. Sara é a nai de David. Viven en Berlín, onde traballa como asesora do G-12, grupo de persoas que rexe o destino das persoas. O mundo está globalizado logo de entraren en vixencia as "Leis de Unificación" no ano 2020. A lingua común é o euroinglés, e o mundo está dividido en 8 zonas.
Malia que a gran maioría da xente adaptouse a esas normas, nas ZNC (zonas non controladas) persisten grupos de xente vivindo dun modo alleo ás novas tecnoloxías. Pero tamén nesas zonas hai grupos de resistencia, dispostos a retomar a diversidade cultural e a sostibilidade no planeta Terra.
Sara vén co seu fillo a Galiza, de onde son os seus devanceiros. Mentres ela andaba por Campo Lameiro visitando uns petróglifos, David ten un accidente nunha fraga próxima. É atopado por membros da resistencia da ZNC, que logo de recuperarse do accidente se poñen en contacto con Sara. A intención é facer ver a Sara que a apocalipse mundial é moi real a menos que se poña solución axiña.
Ao mesmo tempo, Sara decátase de que o informe que está a redactar é ben perigoso, pois dous dos colaboradores morren en estrañas circunstancias. Finalmente descobre que foi froito dunha traizón doutros dous colaboradores, debido a presións para que o sistema imperante non mude.
Sara e David aprenden de primeira man que o mundo non é tan bonito nin tan monótono como se vende no 1º mundo, e que aínda están vivas as linguas que se falaban antes e os paraísos naturais e arqueolóxicos conservados ao longo do mundo.
Remove ads
Narración
Utilízanse dous narradores: o narrador omnisciente, que alterna o que lle sucede a Sara e o que lle sucede a David, e a narración en primeira persoa de Brenda, unha rapaza da idade de David que vive na ZNC.
Traducións
- Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de El centre del laberint publicado en 1999 pola Editorial Barcanova, Col. Antaviana jove[1].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads