O sol do verán
obra literaria de Carlos Casares From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002[3], algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.
Remove ads
Descrición
No relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)
Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.
Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)
“ | A verdade de ser e de sentir — Albert Camus (cita inicial). |
” |
Remove ads
Edicións
Casares entregoulle a Damián Villalaín,[4] subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento.[5] O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.[5]
En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial Alfaguara[6] e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads