Octante (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Octans ou Octante[1] é unha constelación discreta presentada por Nicolas Louis de Lacaille. É, fundamentalmente, coñecida por se-lo lugar onde fica o polo sur celeste.
A súa estrela Sigma Octantis (σ Oct) é a estrela máis próxima ó polo que pode ser vista a simple vista, pero é tan feble, que é practicamente inútil coma estrela polar para efectos da navegación. Afortunadamente, a constelación Crux, A Cruz do Sur, sinala o polo.
A constelación é circumpolar ó Polo Sur Celeste, así que pode ser vista nos ceos do Hemisferio Sur durante as noites de calquera mes do ano. A ascensión recta e mes de maior visibilidade dadas son para as tres estrelas máis brillantes, as cales son as máis altas no ceo durante as noites de novembro.
Remove ads
Historia
Dado que Octans foi presentada no século 17 e se sitúa preto do polo sur, non foi coñecida polas culturas clásicas, así que non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas
- Estrelas con nome propio:
- (σ Oct) 5,45 Polaris Australis
- Estrelas con designación de Bayer:
- α Oct 5,13; β Oct 4,13; γ1 Oct 5,10; γ2 Oct 5,72; γ3 Oct 5,29; δ Oct 4,31; ε Oct 5,09; ζ Oct 5,43; θ Oct 4,78; η Oct 6,19; ι Oct 5,45; κ Oct 5,56; λ Oct 5,27; μ1 Oct 5,99; μ2 Oct 6,51; ν Oct 3,73; ξ Oct 5,32; π1 Oct 5,65; π2 Oct 5,65; ρ Oct 5,57; τ Oct 5,50; υ Oct 5,76; χ Oct 5,29; φ Oct 5,47; ψ Oct 5,49; ω Oct 5,88
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
