Touro (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Touro (constelación)
Remove ads

Taurus ou Touro[1] (símbolo , Unicode ♉) é unha constelación zodiacal; o seu nome en latín significa touro. Destaca no ceo invernal, entre Aries ó oeste e Xémini ó leste. Ó norte atópase Perseus e Auriga; ó sueste Orión, e ó suroeste Eridanus e Cetus.

Véxase tamén: Taurus (foguete).
Datos rápidos Taurus, Nome latino ...
Remove ads

Características destacables

Thumb
Representación medieval de Taurus

Aldebarán (α Tau), a estrela máis brillante da constelación, é unha xigante vermella de primeira magnitud, mentres que Elnath (β Tau) forma os cornos do touro xunto a ζ Tauri. Dúas estrelas variables na constelación, T Tauri e RV Tauri, son os prototipos de ambos tipos de estrelas que levan ós seus nomes.

Tauro conten dous dos cúmulos abertos máis coñecidos do firmamento: as Pléiades, onde cabe subliñar a Merope (23 Tau), e as Hyades, onde a súa estrela principal é γ Tauri.

Remove ads

Estrelas principais

  • α Tauri, coñecida coma Aldebarán, estrela xigante vermello-alaranxada de magnitude 0,87.
  • β Tauri, chamada tamén Elnath, xigante branco-azulada de magnitude 1,68.
  • γ Tauri (Hyadum I), xigante laranxa membro do cúmulo das Hyades de magnitude 3,65.
  • δ Tauri, en realidade tres estrelas, todas membros das Hyades. δ1 Tauri (Hyadum II) é unha estrela semellante a Hyadum I.
  • ε Tauri (Ain), xigante amarelo-laranxa membro das Hyades con magnitude 3,53 e onde se descubriu un planeta extrasolar.
  • ζ Tauri, estrela binaria de magnitude 2,97 situada no corno sur do touro.
  • η Tauri (Alcíone), a estrela máis brillante do cúmulo das Pléiades e a terceira da constelación con magnitude 2,85, é unha nova estrela branco-azulada.
  • κ Tauri, estrela dobre visual onde ás súas compoñentes, de cor branca, están separadas 5,6 minutos de arco.
  • λ Tauri, sistema estelar triplo e variable eclípsante.
  • Merope (23 Tauri), estrela das Pléiades que ilumina a nebulosa de reflexión NGC 1435.
  • 10 Tauri, estrela amarela situada a 45 anos luz cun posible disco circumestelar ó seu redor.
  • 30 Tauri, nova estrela binaria de magnitude 5,06 cunha idade estimada inferior a 28 millóns de anos.
  • T Tauri, estrela variable prototipo dunha clase de estrelas en proceso de formación e que aínda non teñen entrada na secuencia principal.
  • AA Tauri, estrela T Tauri que posúe un disco protoplanetario no que se teñen detectado moléculas orgánicas.
  • CE Tauri (119 Tauri), superxigante vermella, unha das estrelas máis grandes que se coñecen.
  • RV Tauri, prototipo de estrelas variables intermedias entre as cefeidas e as variables Mira.
  • RZ Tauri, binaria eclípsante de contacto onde se produce transferencia de masa entre as dúas estrelas.
  • UX Tauri, sistema triplo formado por tres estrelas T Tauri; ó redor da máis brillante descubriuse un disco protoplanetario.
  • HD 37124, estrela amarela con tres planetas coñecidos.
  • CoKu Tauri/4, nova estrela T Tauri dun millón de anos de idade cun posible planeta extrasolar.
  • HL Tau 76 (V411 Tauri), anana branca pulsante, variable do tipo ZZ Ceti.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

  • M45, un cúmulo aberto de estrelas situado ó norte da constelación e coñecido coma as Pléiades. Dentro del atópase a Nebulosa de Merope (NGC 1435).
  • As Hyades, un cúmulo aberto de estrelas que contribúe a forma-la "V" no ceo que forma o inicio da cabeza do touro.
  • M1 ou Nebulosa do Cangrexo, formadas polos restos dunha supernova, a súa explosión, observada dende a Terra o 4 de xullo do 1054, foi o bastante brillante para verse de día. É mencionada en crónicas chinas e na poesía amerindia. Actualmente no seu interior pode estudarse un púlsar (Pulsar do Cangrexo), estrela anana moi densa que xira a gran velocidade.
  • NGC 1514, nebulosa planetaria a uns 600 anos luz.

Mitoloxía

Thumb
Constelación de Taurus.

Na mitoloxía grega, Tauro é a forma de touro co deus Zeus adoptou para seducir a Europa, unha mítica princesa fenicia. Tiveron tres fillos: Minos, o mítico rei de Creta, Sarpedón e Radamantis. Segundo outras versión, a constelación fai mención ó mito do Touro de Creta, unha das doce tarefas de Hércules.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads