Otto Piene

artista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Otto Piene
Remove ads

Otto Piene, nado en Laasphe o 18 de abril de 1928 e finado en Berlín o 17 de xullo de 2014,[1] foi un pintor e escultor alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Otto Piene creceu en Lübbecke. Entre 1949 e 1953, estudou pintura na Academia de Arte de Múnic e na de Düsseldorf. Entre 1952 e 1957 estudou filosofía na universidade de Colonia. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Schmela de Düsseldorf. En 1964 aceptou un posto como docente na Universidade de Pensilvania, cargo que exerceu durante catro anos. A Universidade de Baltimore nomeouno Doutor en Belas Artes en 1994. Ultimamente alternaba as súas residencias entre Massachusetts e Düsseldorf.

Remove ads

Obra

En 1957, Piene e Heinz Mack fundaron o grupo ZERO, uníndoselles en 1961 Günther Uecker. Este grupo mostrouse moi activo entre 1961 e 1966, celebrando numerosas exposicións, así como publicando de xeito periódico a revista homónima. A esa época pertencen obras como Lichtballette ("Balé de luz") e Rauchbilder ("Imaxes de fume"), no que a relación entre a obra exposta e as enerxías naturais primarias son máis que evidentes. Piene participou con obras súas en documenta en 1959, 1964 e 1977.

Otto Piene traballou cos seus Rauchbilder; lume e fume son elementos importantes nas súas obras. Tamén experimentou con combinacións de elementos multimedia. Xunto cos seus correlixionarios Günther Uecker e Heinz Mack, converteuse en portavoz do Neuen Idealismus ("Novo Idealismo"). En 1968 realizou, en colaboración con Aldo Tambellini, o programa televisivo Black Gate Cologne, que é recoñecido como un dos pioneiros no seu xénero.

Tamén participou en dúas edicións da Bienal de Venecia, en concreto nos anos 1967 e 1971. En 1985 fixo o propio na Bienal de São Paulo. Quizais a súa obra máis popular fose o Arco da vella creado para a clausura dos Xogos Olímpicos de Múnic.

Remove ads

Galardóns

  • 1994: Doutor en Belas Artes h.c. pola Universidade de Maryland
  • 1996: Premio de Escultura pola American Academy of Arts and Letters, Nova York
  • 2003: Premio Mundial de Artes Leonardo da Vinci polo Consello Cultural Mundial
  • 2008: Premiado pola Kulturstiftung Dortmund

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads