Otto Sonnenholzner
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Otto Ramón Sonnenholzner Sper, nado en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, é un empresario, radiodifusor e economista ecuatoriano. Foi Vicepresidente da República de Ecuador dende o 11 de decembro de 2018 até o 10 de xullo de 2020.
Remove ads
Traxectoria
Otto naceu en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, fillo de Ramón Sonnenholzner e Rosa Elena Sper, no seo dunha familia empresaria e vinculada á radiodifusión, de ascendencia alemá. Está casado con Claudia Salem Barakat e ten tres fillos.[1][2]
O apelido Sonnenholzner, vén de dúas derivacións Sonnen, que significa sol, e Holzner, madeireiro, é dicir, Madeireiros do Sol e provén da vila de Amerang, situada no sur de Alemaña.[3]
Rematou a secundaria no Colexio Alemán Humboldt coa especialización en ciencias sociais e comunicación, logo realizou os seus estudos de economía internacional na Schiller International University nas súas sedes de Alemaña e España, nas que se graduou co título de economista.[4][5][6] Ademais diso, especializouse na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic e na Universidade de Passau. Como empresario desenvolveuse no sector da construción, comercio e agricultura. Realizou a súa labor como comunicador e xerente xeral en radio Tropicana e foi presidente Asociación Ecuatoriana de Radiodifusión (AER) en Guayas.[1] Tamén realizou actividade como profesor universitario na Universidade Católica de Santiago de Guayaquil.[5]
Trala renuncia irrevogable de María Alejandra Vicuña en decembro de 2018, foi proposto polo presidente Lenín Moreno como substitución de Vicuña á vicepresidencia e encabezou a terna presentada á Asemblea Nacional para este cargo.[1] Trala elección realizada na Asemblea Nacional o martes 11 de decembro de 2018, foi escollido como vicepresidente da república.[7]
Dez días despois da súa designación déronse como funcións o seguimento do Diálogo Social Nacional, a coordinación das accións dos Consellos Sectoriais, e ser parte do desenvolvemento da axenda sustentable e a atracción de investimentos.[8]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads