Outeiro de Rei, Outeiro de Rei
parroquia civil do concello de Outeiro de Rei From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xoán de Outeiro de Rei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 556 habitantes, deles 264 eran homes e 292 eran mulleres, o que supón un incremento de 100 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Outeiro de Rei.
Remove ads
Toponimia
A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.[2][3]
Historia
A capital do Concello, á cal se lle outorgou o título de vila durante a Idade Moderna, estivo baixo a xurisdición do Conde de Lemos, Trastámara e Sarria dende o ano 1360. Durante século e medio a vila pasou por mans de Fadrique de Aragón, Gutierre de Quijada e Pedro de Luna entre outros, e en 1501 reintegrouse ao patrimonio da casa de Lemos mediante privilexio da raíña Isabel I de Castela.
Patrimonio
Casa-forte de Outeiro de Rei, tamén chamada "da señorita", fundada polo conde O´Kelly.
Muíño e capela emprazados no Campo de Santa Isabel.
Servizos
A Casa do Concello, un edificio tradicional de dúas plantas, con porta de acceso de lintel de arco de medio punto, balcón de ferro e frontón cornixa, cun frontispicio triangular onde se distingue o escudo do Concello.
Colexio de Educación Infantil e Primaria Laverde Ruiz. Casa da Cultura onde se atopa a Biblioteca Municipal, un PAC, un Centro de Saúde e unha residencia de anciáns privada "Residencial Carlos IV".
Remove ads
Festas
- Santa Isabel, celébrase durante tres días no mes de xullo.
Galería de imaxes
- Campo de Santa Isabel
- Capela de Santa Isabel
- Casa Museo Manuel María
- Igrexa parroquial
- Pazo Gaioso
Lugares e parroquias
Lugares de Outeiro de Rei
Lugares da parroquia de Outeiro de Rei no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Barciela | Cantón | Outeiro de Rei | A Palloza | Santa Isabel |
Parroquias de Outeiro de Rei
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads