Oza, Carballo
parroquia civil do concello de Carballo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Breixo de Oza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2019 tiña 584 habitantes (275 homes e 309 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 732 habitantes (383 mulleres e 350 homes), 66 menos ca en 1999.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oza.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa de San Breixo é de estilo barroco, na súa fachada consérvase unha escultura do seu patrón.
Preto da igrexa atópase un peto de ánimas e no lugar das Torres a cruz de San Verísimo.
Ademais, tense constancia das seguintes mámoas:
- Os Canedos.
- Couto da Pedra Rubia.
- Cruceiro de Arriba. Mámoa na que os continuos procesos agrícolas alteraron gravemente a masa tumularia.
- Pena.
- Seixo.
- Monte Vixía. No límite con Lema, ten 15 m de diámetro e 0,80 m de altura. Presenta cono de violación.
- Os Chans. No lugar do Rodo. Perdeu unha parte importante da masa tumularia polas actividades forestais.
- Pinar do Canteiro. No lugar de Vilar do Carballo.[2]
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa de San Breixo.
- Escultura de San Breixo na fachada da igrexa.
Lugares e parroquias
Lugares de Oza
Lugares da parroquia de Oza no concello de Carballo (A Coruña) | |
---|---|
As Aveas | A Braña | Cabanas | Os Canedos | A Costa | As Encrucilladas | A Igrexa | O Outeiro | Oza | Oza Vella | O Rodo | Serantes de Abaixo | Serantes do Medio | As Torres | Vilar de Uz | Vilar do Carballo |
Parroquias de Carballo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads