PSGL-1

From Wikipedia, the free encyclopedia

PSGL-1
Remove ads

O PSGL-1 (do inglés P-selectin glycoprotein ligand-1, ligando-1 glicoproteína da P-selectina), tamén coñecido como ligando da selectina P, SELPLG ou CD162, é unha proteína codificada en humanos no xene SELPLG do cromosoma 12.

Datos rápidos SELPLG, Estruturas dispoñibles ...

O SELPLG codifica o PSGL-1, o contra-receptor de alta afinidade para a P-selectina en células mieloides e linfocitos T estimulados. Exerce un papel fundamental no amarre destas células a plaquetas activadas ou endotelios que expresen P-selectina.

A organización do xene SELPLG lembra moito a do CD43 e a glicoproteína de plaquetas GpIb-alfa, que teñen ambas un intrón na rexión non codificante 5', así como un segundo exón longo que contén a rexión codificante completa, e promotores sen TATA.[1]

O PSGL-1 é unha glicoproteína que se encontra nos leucocitos e células endoteliais que se une á P-selectina (P aquí refírese a plaquetas), que é un dos membros da familia das selectinas, que tamén inclúe a E-selectina (endotelial) e a L-selectina (leucocitaria). As selectinas, á súa vez, forman parte da familia máis ampla das moléculas de adhesión celular. A PSGL-1 pode unirse a calquera dos tres membros da familia, pero únese con maior afinidade á P-selectina.

Remove ads

Modificación postraducional

A proteína PSGL-1 necesita sufrir dúas modificacións postraducionais para adquirir a actividade de unión á selectina, que son:[2][3][4][5]

Función

O PSGL-1 exprésase en todos os glóbulos brancos (leucocitos) e xoga un importante papel no recrutamento de glóbulos brancos nos tecidos inflamados: Os glóbulos brancos normalmente non interaccionan co endotelio dos vasos sanguíneos. Porén, a inflamación causa a expresión de moléculas de adhesión celular (CAM) como a P-selectina na superficie das células da parede dos vasos sanguíneos. Os glóbulos brancos presentes no sangue circulante poden interaccionar coas CAM. O primeiro paso deste proceso de interacción lévao a cabo o PSGL-1 ao interaccionar coa P-selectina e/ou E-selectina nas células endoteliais e plaquetas adherentes. Esta interacción ten como resultado a "rodadura" do glóbulo branco sobre a superficie da célula endotelial, seguida da adhesión estable e a transmigración do glóbulo branco ao tecido inflamado (ver diapédese).

En ratos parece ser un factor inmunitario que regula os checkpoints da célula T e podería ser unha diana para futuros fármacos anticancro inhibidores do checkpoint.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads