Palaemon
xénero de crustáceos decápodos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Palaemon é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da famila dos palemónidos (Palaemonidae).
Remove ads
Características
As especies deste xénero son camaróns que teñen a particularidade de presentaren un rostro ben desenvolvido na parte dianteira da cabeza, que non se encontra noutros xéneros de carideos, como as gambas. Outro detalle distintivo é a posición dos ollos, peduculados e moi diverxentes, mentres que as gambas téñenos máis próximos. Estes camaróns teñen pinzas, como os cangrexos, pero diminutas. O seu tamaño varía de 2 a 10 cm.
Remove ads
Taxonomía
O xénero foi descrito en 1795 polo entomólogo alemán Friedrich Weber na súa obra Nomenclator entomologicus secundum Entomologiam systematicum ill. Fabricii adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chilonii et Hamburgii: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.
A circunscrición convencional deste xénero é probabelmente parafilética. Datos moleculares suxiren que o xénero Palaemonetes, así como os xéneros Exopalaemon e Couteriella, deberían incluírse en Palaemon. As afinidades filoxenéticas nestes grupos corresponden mellor coa orixe xeográfica das asignacións de xénero convencional.[3]
Especies
Segundo Grave e Fransen, o xénero comprende as seguintes especies:[2]
- Palaemon adspersus Rathke, 1837
- Palaemon affinis H. Milne-Edwards, 1837
- Palaemon capensis (De Man in M. Weber, 1897)
- Palaemon concinnus Dana, 1852
- Palaemon curvirostris Nguyên, 1992
- Palaemon debilis Dana, 1852
- Palaemon dolospinus Walker & Poore, 2003
- Palaemon elegans Rathke, 1837
- Palaemon floridanus Chace, 1942
- Palaemon gladiator Holthuis, 1950
- Palaemon gracilis (Smith, 1871)
- Palaemon gravieri (Yu, 1930)
- Palaemon guangdongensis Liu, Liang & Yan, 1990
- Palaemon hancocki Holthuis, 1950
- Palaemon intermedius (Stimpson, 1860)
- Palaemon khori De Grave & Al-Maslamani, 2006
- Palaemon litoreus (McCulloch, 1909)
- Palaemon longirostris H. Milne-Edwards, 1837
- Palaemon macrodactylus Rathbun, 1902
- Palaemon maculatus (Thallwitz, 1892)
- Palaemon miyadii (Kubo, 1938)
- Palaemon northropi (Rankin, 1898)
- Palaemon ogasawaraensis Kato & Takeda, 1981
- Palaemon ortmanni Rathbun, 1902
- Palaemon pacificus (Stimpson, 1860)
- Palaemon paivai Fausto Filho, 1967
- Palaemon pandaliformis (Stimpson, 1871)
- Palaemon paucidens De Haan, 1844
- Palaemon peringueyi (Stebbing, 1915)
- Palaemon peruanus Holthuis, 1950
- Palaemon powelli Ashelby & De Grave, 2009
- Palaemon ritteri Holmes, 1895
- Palaemon semmelinkii (De Man, 1881)
- Palaemon serenus Heller, 1862
- Palaemon serratus (Pennant, 1777)
- Palaemon serrifer (Stimpson, 1860)
- Palaemon sewelli (Kemp, 1925)
- Palaemon tenuidactylus Liu, Liang & Yan, 1990
- Palaemon vicinus Ashelby, 2009
- Palaemon xiphias Risso, 1816
- Palaemon yamashitai Fujino & Miyake, 1970
Remove ads
Importancia económica
Algunhas especies son obxecto de activa pesca en numerosos lugares do mundo, e son considerados como delicias gastronómicas.
Galería
- Palaemon pacificus
- Palaemon paucidens
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads