Panticosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Panticosa (Pandicosa, en aragonés) é un concello aragonés da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súa poboación é de 819 habitantes (2010) e ten unha superficie de 95,9 km². No concello localízase a estación de esquí de Aramón Panticosa.
Para a estación de esquí Aramón Panticosa véxase: Aramón Panticosa.
Remove ads
Xeografía
O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no val do Tena, enclavado nos Pireneos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.
Entidades
O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca.

Historia
Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.
Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.
Dialecto aragonés
O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.
O topónimo
O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads