Pará

estado federado do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia

Parámap
Remove ads

O Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte. Ten como límites o Suriname e o Estado do Amapá ao norte, o océano Atlántico ao nordeste, o Maranhão ao leste, o Tocantins ao sueste, Mato Groso ao sur, o Amazonas ao oeste e o Estado de Roraima e a Güiana ao noroeste. Área: 1.253.164,5 km². A súa capital é Belém do Pará. As cidades máis importantes son Belém, Santarém, Marabá, Altamira, Castanhal e Abaetetuba.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Remove ads

Xeografía

Relevo e hidrografía

O seu relevo é baixo e plano; o 58% do territorio encóntrase abaixo dos 200 metros. As altitudes superiores a 500 metros están nas Serras de Carajás, Caximbinho e Acari. Os ríos principais son os ríos Amazonas, Tapajós, Tocantins, Xingu e Jari.

Vexetación

Gran parte do estado é cuberta pola selva amazónica, co súa grande biodiversidade. Nalgunhas rexións ó sur do estado a selva foi substituída por cultivos, principalmente soia.

Clima

O clima predominante é ecuatorial, moi húmido e co intensas chuvias principalmente no verán.

Remove ads

Economía

A súa economía baséase na extracción mineral (ferro, bauxita, manganeso, calcario, ouro, estaño) e vexetal (caucho), e tamén na agricultura, na gandería e na industria (aluminio).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads