Roraima

estado federado do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia

Roraimamap

Roraima (que en pemón, unha das linguas indíxenas do Brasil, significa monte verde) é un estado do Brasil situado na Rexión Norte. A máis setentrional das unidades da federación brasileira ten como límites Venezuela ao norte e noroeste, Güiana ao leste, Pará ao sueste e o Estado do Amazonas ao sur e ao oeste. Ocupa unha área de 225.116,1 km² e a súa capital é Boa Vista.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Roraima
Thumb

HimnoHino de Roraima (pt)

Localización
Thumb Thumb
 2°08′N 61°21′O
EstadoBrasil
CapitalBoa Vista
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación652.713 (2021) (2,92 hab./km²)
Lingua usadaLíngua maku (pt)
Língua sanumá (pt)
Língua ianam (pt)
lingua wapishana
Lingua mapidiana
Lingua atorada
Lingua pemón
Lingua yekuana
Lingua yanomamö
Língua ianomâmi (pt)
Lingua waiwai
Língua macuxi (pt)
Língua arutani (pt)
Lingua waimiri-atroari
Língua yaroame (pt)
Lingua akawaio
Xeografía
Parte de
Superficie223.644,5 km²
Altitude104 m
Punto máis altoMonte Roraima (2.810 m)
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación5 de outubro de 1988
Organización política
Órgano executivocabinet of the governor of the state of Roraima (en)
 Governador (pt) Antonio Denarium (pt) (2019–)
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de Roraima (pt) , (Escano: 24)
Identificador descritivo
Código postal69300-000 e 69399-000
Fuso horario
ISO 3166-2BR-RR

Sitio webportal.rr.gov.br
Pechar

Historia

Thumb
Parque na cidade de Boa Vista, capital de Roraima.

O territorio disputárono os luso-brasileiros, holandeses, españois e ingleses, pero o poboamento por parte dos brancos só comezou realizarse no século XVIII, despois da morte de moitos indíxenas.

A creación da freguesía de Nossa Senhora do Carmo, en 1858, transformada en municipio de Boa Vista en 1890, consolidou a organización local. A disputa polas terras con Inglaterra na fronteira güianesa só terminou definitivamente en 1904, despois da arbitraxe do rei Vitor Manuel II de Italia, que deixou fóra do Brasil partes do territorio do Pirara, incorporado á Güiana Inglesa.

En 1943 creouse o Territorio Federal de Rio Branco, que, en 1962, pasou a denominarse Roraima. Coa constitución brasileira de 1988 converteuse en estado. Actualmente, empeza a destacar a produción de soia.

Xeografía

O clima do estado é ecuatorial (N, S e O) e tropical (E). Gran parte do estado está cuberta pola selva amazónica, cunha pequena superficie de sabana ao leste. O punto máis alto do estado é o Monte Roraima, con 2.875 metros de altitude.

Economía

A economía do Estado ten por base a agricultura, a gandería e a extracción de (madeira, ouro, diamantes e minas de estaño). Roraima ten poucas industrias, e o turismo tamén ten pouca importancia. O principal centro de comercio e servizos do estado é a súa capital, Boa Vista.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.