Paradela, Meis
parroquia civil do concello de Meis From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paradela.
A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.
Remove ads
Patrimonio
O pazo da Moroza é do século XVI. Ten planta en L, cunha torre ameada de tres pisos con dúas seteiras nos laterais. Pegada a ela hai unha plataforma elevada a xeito de zócolo. Na fachada ten gárgolas de pedra que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada. No interior consérvanse camas con dosel, a antiga lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca. O recinto ten unha capela unida ao muro exterior, un pombal circular e un hórreo.
No lugar de Outeiro hai un peto de ánimas incrustado no muro dunha casa, cun nicho rematado en arco de medio punto cunha cruz. A fornela conserva restos de policromía.
Remove ads
Paradela na literatura popular
- Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [2].
Galería de imaxes
- Igrexa de Santa María
- San Miguel
- Peto espoliado
Lugares e parroquias
Lugares de Paradela
Lugares da parroquia de Paradela no concello de Meis (Pontevedra) | |
---|---|
Carregal | O Casal | Casal do Río | O Cuartel | A Goulla | Granxa do Sol | Lantañón | Liñares | Louriño | O Lugar | A Modia | A Moroza | Mouxán | Muíño de Arriba | O Noval | Outeiro | Pedreira | Penaboi | Pompeán | Ponte Nova | As Portelas | Quintáns | A Raxadoira | Señoráns de Abaixo | Señoráns de Arriba | Vilanoviña |
Parroquias de Meis
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads