Meis
concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Meis.
A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Nogueira.
Remove ads
Poboación

Evolución da poboación de Meis Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.503 | 4.906 | 5.490 | 5.213 | 5.004 | 5.002 | 4.988 | 4.992 | 5.007 | 5.033 | 5.006 | 4.844 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.
Patrimonio
Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.
O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.
Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.
Turismo
A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.
Festas gastronómicas
- Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
- Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.
Comunicacións
Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.
Meis na literatura popular
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.
- Igrexa de San Salvador de Meis
Parroquias
Lugares de Meis
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads