Parafilia
patrón de comportamento sexual From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual.[1] Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual. Hoxe moitos autores consideran que as parafilias son parte das chamadas "novas adiccións", e polo tanto equivalentes a outras condutas derivadas dos trastornos no control dos impulsos.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parafilia (homónimos).
Remove ads
Etimoloxía
A palabra parafilia ten orixe grega. Componse de dous radicais: παρά, pará (á marxe de) e φιλία, filía (amor).
Características
Sen afectar á resposta sexual, o desarreglo parafílico constitúese como unha desviación na elección e na realización coa parella, o escenario ou as circunstancias. Normalmente as fantasías parafílicas preséntanse durante a masturbación ou o coito como medio para acadar o orgasmo. Para o parafílico verdadeiro as súas prácticas son indispensables e iso provócalle conflitos coa súa parella, cos demais e consigo mesmo porque van contra a vontade do outro e como consecuencia poden provocar diversas disfuncións sexuais. Segundo o DSM-IV, as parafilias causan un malestar ou unha deterioración clinicamente significativos no funcionamento social, o laboral ou noutras áreas importantes. As súas características esenciais, segundo o devandito manual, son intensos e recorrentes impulsos sexuais, condutas ou fantasías sexualmente activadoras que inclúen, xeralmente, obxectos non humanos, o sufrimento ou a humillación do suxeito ou da parella, ou nenos ou outras persoas que non consenten. O DSM-IV inclúe oito parafilias específicas (exhibicionismo, fetichismo, froteurismo, paidofilia, sadismo e masoquismo, fetichismo travestista e voyeurismo) e outras parafilias non especificadas.[3]
Estatísticamente, as parafilias máis frecuentes son a paidofilia, o voyeurismo e o exhibicionismo.
Remove ads
Visión científica

Orixe
No tocante á orixe das parafilias, non se puido demostrar a existencia de ningunha alteración orgánica ou psicolóxica que as explique.[4] Dende o punto de vista biolóxico, tense falado da existencia de niveis moi elevados de andróxenos mentres que outros suxeriron a relación entre as parafilias e alteracións no lóbulo temporal do cerebro. Nunha perspectiva psicolóxica, a teoría da aprendizaxe propón que estas condutas se establecen porque foron reforzadas nun momento dado (xeralmente na puberdade) e pola súa repetición en fantasías sexuais e masturbación. Segundo a escola psicanalítica, algunhas delas serían o resultado do complexo de castración na fase edípica. Outros enfoques presentan as parafilias como o resultado da falta de habilidades sociais e de asertividade.[5]
Interpretación patolóxica
As parafilias case nunca se presentan nas mulleres e a súa frecuencia descoñécese porque en poucas ocasións o suxeito busca axuda. Isto e así porque o suxeito non percibe a súa conduta como algo anormal, aínda cando esta o incapacita para formar un vínculo sexual satisfactorio e ata lle provoca problemas de tipo legal nalgúns casos. As parafilias preséntanse soas, como conduta única, ou ben asociadas a diversos trastornos, tales como a esquizofrenia, personalidade antisocial, toxicomanía e outras alteracións mentais, ou baixo un período de estrés.[1]
A tónica máis habitual no ámbito científico é a de tender a someter o parafílico a terapias encamiñadas a corrixir a súa conduta. Os tratamentos experimentados ata hoxe adoitan ser contrarios á vontade do parafílico e, ademais, non acadan resultados positivos. Ata agora intentáronse procedementos de tipo orgánico, psicolóxico ou mixtos. Empréganse substancias antiandroxénicas que viñeron substituír os estróxenos, e tamén úsase, sobre todo en Europa, a coñecida como castración química, pouco efectiva e impredicible. Estes tratamentos con frecuencia presentan problemas médicos, polos efectos secundarios que provocan, pero tamén problemas de tipo ético e legal, ao seren administrados contra a vontade do paciente. Entre os enfoques psicolóxicos os máis empregados son os derivados da teoría da aprendizaxe, en detrimento das técnicas aversivas.[5]
Cuestionamento da normalidade
O termo parafilia refírese ao amor paralelo á forma convencional. O sexo convencional é heterosexual, coital, con finalidade declarada procreativa e efectuado en decúbito prono polo home e supino pola muller. Esta normalidade nominal entra en contradición coa riquísima diversidade sexual posta de manifesto polos estudos levados a cabo por Alfred Kinsey en 1948. Deste xeito o patrón de normalidade ven sufrindo cambios manifestos nas últimas décadas. Pomeroy definiu cinco criterios para identificar unha conduta sexual como parafílica: estatstico, filoxenético, moral, social e legal. López-Ibor reduce estas condicións a tres: dano a outros, dano a un mesmo e caract er obsesivo da conduta. Estas características están recollidas polo manual DSM-IV, pero a súa laxitude está cuestionada por permitir identificar como parafilia comportamentos como a coitofilia, entendida como sexo heterosexual convencional. Albert Ellis defende que toda conduta normal pode chegar a ser perversa.[2]
Mesmo a definición que fai o DSM-IV das parafilias toma como centro o comportamento sexual normal. Isto fai depender o concepto de parafilia do eido cultural e do momento histórico. Algúns sexólogos defenden que aqueles comportamentos sexuais que se dan entre persoas adultas, de mutuo acordo e que non producen danos graves nin escándalo público deberían recibir o nome de inadecuacións sexuais. Isto provén do feito de que non sempre as parafilias provocan conflitos ás persoas que as experimentan. A modo de exemplo, no pasado prácticas como a masturbación, a homosexualidade, a xerontofilia, o sexo anal ou oral, a pornografía e a prostitución eran consideradas parafilias.[2]
Remove ads
Catálogo de parafilias
Dentro do grupo de parafilias non especificadas polo DSM-IV, hai máis de 300 descritas polos diferentes autores, algunhas delas absolutamente insólitas. A seguinte é unha listaxe non exhaustiva delas cunha breve descrición.[2][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads