Pascual Madoz
Político e avogado español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806[1] e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.
Remove ads
Traxectoria

Nado nunha familia humilde, en 1813 a súa familia trasládase a Barbastro (Huesca) onde comeza os estudos no Colexio San Lorenzo dos Pais das Escolas Pías (ou escolapios). Posteriormente, a partir de 1821 comeza os estudos de Dereito na Universidade de Zaragoza conseguindo, en 1825, o título de bacharel en Leis.[2]
Durante o segundo período absolutista do reinado de Fernando VII, a Década Ominosa, a defensa dos seus ideais liberais levarao a participar, en 1823, na Milicia Nacional, para a defensa de Zaragoza e de Monzón fronte os Cen Mil Fillos de San Luís, e onde será collido prisioneiro[3] e encarcerado. Máis tarde en 1831, tivo que se exiliar en Francia.[4] Alí, en París e en Tours adicouse ao estudo da Xeografía e da estatística.
En 1832, puido volver a España tras a amnistía decretada pola raíña María Cristina de Borbón, fixando a súa residencia en Barcelona, onde, a inicios de 1833, comeza a súa traxectoria profesional e política na que foi apoiado por liberais que despois formarían o Partido Progresista.
Traxectoria en Cataluña
Consegue dirixir as oficinas do Diccionario geográfico universal (Barcelona, 1829–1834), que estaba a se publicar nesa cidade e onde chegou a dirixir de outubro a maio de 1835 o periódico "El Catalán". Tamén foi presidente da sociedade de Amigos Colaboradores, redactor da Colección de Causas Célebres, editou o seu primeiro libro titulado "Reseña sobre el Clero" e foi alcalde Maior de Barcelona, gobernador militar do Val de Arán e deputado en 1836.
Licenciado en Dereito en 1834, ese ano concibe xa un plano para crear un Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, que lograría ver culminado en 1850.
En 1843, púxose á fronte dunha coalición progresista de oposición a Espartero. Tras a Vicalvarada de 1854, o 9 de agosto foi nomeado gobernador de Barcelona. Volveu logo ao seu escano de deputado; presidiu as Cortes, e o 21 de xaneiro de 1855 confióuselle o Ministerio de Facenda. Nesta ocasión, presentou o famoso proxecto de lei de Desamortización, que conseguiu ver aprobado e que se publicou o 1 de maio de 1855 na Gaceta de Madrid[1] e, posteriormente, o 31 de maio publicouse tamén a Instrución para levala a cabo.
Tras a revolución de 1868 (a «Gloriosa») foi gobernador de Madrid, cargo ao que tamén renunciou ao pouco tempo. Formou parte da oposición ao goberno provisional, e despois de votar a candidatura de Amadeu de Savoia para o vacante trono de España, formou parte da legación enviada a Florencia para ofrecerlle a ese príncipe a coroa, mais finou en Xénova repentinamente.
Predecesor: Isabel II (Raíña de España) José Gutiérrez de la Concha (Presidente do Consello de Ministros) |
Presidente da Xunta Provisional Revolucionaria 1868 |
Sucesor: Joaquín Aguirre de la Peña |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads