Pectínidos (orde)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos pectínidos (Pectinida) é unha orde de moluscos bivalvos,[2] da subclase dos pteriomorfios.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pectínidos (homónimos).
Comprende numerosas especies mariñas de tamaño de mediano a grande, vulgarmente coñecidas como vieiras e outras similares.
Crese que comezaron a súa evolución no ordovícico medio tardío; moitas especies, por suposto, seguen vivindo na actualidade.[4]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A orde foi descrita en 1854 polo naturalista inglés John Edward Gray.[3]
Nota taxonómica
As familias dos Pectinida foron durante moito tempo integradas na orde dos ostreoides (Ostreoida), que comprende as ostras. Pero, en 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Pectinida Gray, 1854.[5]
Superfamilias
Segundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes superfamilias:[3]
- Anomioidea Rafinesque, 1815
- Dimyoidea P. Fischer, 1886
- Pectinoidea Rafinesque, 1815
- Plicatuloidea Gray, 1854
Remove ads
Características

Trátase de bivalvos de cuncha semicircular, xeralmente decorada con costelas radiais (que algunhas veces desenvolven espiñas, especialmente na familia dos espondílidos (Spondylidae).
En xeral, unha valva, a inferior, é case plana, e a outra, a superior, máis avultada.
O manto (ás veces moi vistoso) está bordeado, ao longo da súa apertura, por unha serie de ollos bastante sofisticados, que permiten a moitas especies con capacidade de movemento (como as do xénero Pecten) movérense cara a un lugar seguro ou fuxiren dunha ameaza.
Como a maioría dos bivalvos, estes animais aliméntanse filtrando a auga de mar a través de órganos especializados, da que extraen o plancto, que dirixen cara aos seus estómagos.
Algunhas especies son explotadas comercialmente (e son moi apreciadas gastronomicamente), como as vieiras (Pecten maximus) e outras especies do seu xénero, como Pecten jacobaeus.
Remove ads
Galería de imaxes
- Chlamys nobilis
- Plicatula plicata
- Pododesmus squamula
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads