Peptococcus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Peptococcus é un xénero de bacterias grampositivas anaerobios non esporulados con forma de coco, non móbiles e quimioorganótrofas da familia Peptococcaceae. Os seus cocos poden aparecer illados, en pares, tétrades, ou masas irregulares, e raramente forman cadeas curtas.[1] Peptococcus niger é a especie tipo do xénero, e Peptococcus é o xénero tipo da súa familia.[2]

Máis información Clasificación científica, Especies ...

Especies deste xénero forman parte do microbioma humano, especialmente das bacterias que forman parte da flora intestinal. Tamén forman parte da flora da boca e tracto respiratorio superior.[1]

Peptococcus magnus é un patóxeno humano.[3]

O antibiótico mezlocilina é efectivo contra especies de Peptococcus.[4]

As distintas especies de Peptococcus pódense diferenciar diferenciar entre si e de Peptostreptococcus por medio dos seus perfís de ácidos graxos e produtos metabólicos por cromatografía gas-líquido (GLC).[5]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads