Clostridia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os Clostridia son unha clase moi polifilética de Bacillota (ou Firmicutes), que inclúe o importante xénero Clostridium. Distínguense dos Bacilli pola falta de respiración aerobia. De feito, son anaerobios obrigados e o oxíxeno é tóxico para eles. As especies da clase Clostridia adoitan ser grampositivas (pero non todos, ver Halanaerobium) e teñen a capacidade de formar esporas.[1] Os estudos mostran que non son un grupo monofilético e as súas relacións non son totalmente seguras. Actualmente, a maioría están situados na orde Clostridiales, pero este non é un grupo natural e é probable que se redefina no futuro.
A maioría das especies do xénero Clostridium son organismos saprófitos que fermentan polisacáridos de plantas [2] e encóntranse en moitos lugres no ambiente, especialmente no solo. Porén, o xénero contén algúns patóxenos humanos (sinalados máis abaixo). As toxinas producidas por certos membros do xénero Clostridium están entre os máis perigosos coñecidos. Exemplos destas toxinas son a toxina tetánica (tetanospasmina) producida por C. tetani e a toxina botúlica producida por C. botulinum. Algunhas especies foron illadas de mulleres con vaxinose bacteriana.[3]
Remove ads
Especies
Exemplos de especies notables desta clase son:
- Clostridium perfringens (gangrena, intoxicación alimentaria)
- Clostridioides difficile (colite pseudomembranosa)
- Clostridium tetani (tétano)
- Clostridium botulinum (botulismo)
- Clostridium acetobutylicum (fermentación acetona-butanol-etanol ou proceso ABE)
- Clostridium haemolyticum
- Clostridium novyi (gangrena gasosa, hepatite necrótica infecciosa)
- Clostridium phytofermentans (fermentación de biomasa)
As heliobacterias e Christensenella son tamén membros da clase Clostridia.
Algúns dos encimas producidos por este grupo utilízanse en biorremediación.
Remove ads
Filoxenia
A taxonomía actualmente aceptada deste grupo está baseada na LPSN[4] e no NCBI.[5]
baseado no ARNr 16S de LTP_01_2022[6][7][8] | GTDB 07-RS207 de Genome Taxonomy Database[9][10][11] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
♦ "Clostridiia" parafiléticos |
|
Remove ads
Epidemioloxía
Como se encontran normalmente en solos e na microbiota humana e animal, as feridas infectadas e outras infeccións por Clostridia danse por todo o mundo. As defensas do hóspede contra o microbio son case inexistentes e hai tamén moi pouca ou ningunha inmunidade innata que funcione contra eles. Os Clostridia poden diagnosticarse recoñecendo as características da lesión da infección, xunto coa tinguidura de Gram dos tecidos e cultivos bacterianos.[1] Trátanse con antibióticos, como a penicilina e o desbridamento dos tecidos en casos graves, por exemplo na gangrena.[12]
Os Clostridia e a saúde intestinal e mental
Os Clostridia atópanse comunmente no microbioma intestinal. O exceso de uso dos antibióticos pode causar o desequilibrio do microbioma intestinal, o que produce o sobrecrecemento da especie Clostridioides difficile, causando unha grave infección.[13] Os efectos desta infección poden orixinar diarrea grave e tamén o incremento na gravidade de moitas enfermidades relacionadas co intestino tamén se incrementa como resultado da infección. Outras bacterias da clase Clostridia do intestino foron ligadas a problemas coa conectividade do cerebro e ao seu correcto funcionamento.[14] Os pacientes que foron sometidos a transplantes de microbioma fecal para tratar a súa infección por Clostridia experimentaron melloras no seu estado de ánimo e enfermidades mentais, segundo un estudo preliminar.[13]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads