Perameles

xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia

Perameles
Remove ads

Perameles é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos e orde dos peramelemorfos, que o tipo da familia dos peramélidos.[1]

Máis información Clasificación científica, Especies ...

Todos os membros da subfamilia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola. Son coñecidos na bibliografía como bandicuts de fociño longo (do inglés Long-nosed bandicoots).[2]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1804 polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire nun traballo publicado en Ann. Mus. Hist. Nat. Paris, 4: 56.

Etimoloxía

Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[3]

É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelinae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).

Especies

Segundo MSW e o ITIS, o xénerto conta con catro especies:[1][4]

Thumb
Perameles bougainville.

Xénero Perameles

  • Perameles bougainville Quoy & Gaimard, 1824
  • Perameles eremiana Spencer, 1897
  • Perameles gunnii Gray, 1838
  • Perameles nasuta É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1804

Ademais, coñécense outras catro especie fósiles:

  • Perameles allinghamensis [5]
  • Perameles bowensis [6]
  • Perameles sobbei [7][8]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads