Pere Pau Ripollès Alegre

Numismático e arqueólogo español From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Pere Pau Ripollès Alegre, nado en Castelló de la Plana en 1953, é un recoñecido arqueólogo e numismático español, catedrático da Universidade de Valencia.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Ripollès concluíu na Universidade de Valencia os seus estudos superiores de Historia e Xeografía en 1978, e posteriormente doutorouse en Arqueoloxía, cunha tese titulada La circulación monetaria en la Tarraconense Mediterránea(1982), dirixida por Martín Almagro-Gorbea e centrada nas emisións monetarias na cidade ibera de Saetabis (Xàtiva).[3]

Nesa universidade desenvolveu a súa actividade académica entre 1980 a 1984 como profesor axudante no Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía, posteriormente como profesor asociado (1984-1986) e finalmente como profesor titular, posto que ocupa desde (1986).[4]

Malia a súa estreita vinculación á universidade valenciana, os seus estudos numismáticos estendéronse por todo o mundo; Ripollès foi profesor e investigador visitante en diversos centros científicos e de ensino superior como a Universidade de Oxford, a Universidade de Boloña, A Escuela Española de Historia y Arqueología de Roma, o Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, a American Numismatic Society ou o Kungliga Myntkabinettet ("Gabinete Real de Moedas") de Estocolmo.[5]

Ademais da súa dedicación académica, é moi salientable a súa actividade dentro da comunidade numismática internacional, fundamentalmente como membro correspondente da Real Academia de la Historia (Madrid) desde 2000, como editor do Internacional Numismatic e-Newsletter do Consello Internacional de Numismática (2009-2015) e, desde 2015 a 2022, como vicepresidente desta institución.[6][7][8]

Remove ads

Publicacións

Roman Provincial Coinage

Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, Ripollès participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[9][10]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Ripollès:[11]

Outras publicacións

Ademais, a Ripollès débenselle centos de artigos e colaboracións en obras colectivas sobre tema numismático. Esta é unha escolla, non exhaustiva, das súas obras monográficas máis salientables:[12][13][14][15]

Remove ads

Recoñecementos

Pere Pau Ripollès foi galardoado en 1984 pola Asociación Numismática Española (ANE) co seu premio Javier Conde Garriga.[16] En 1998 recibiu o Jeton de Vermeil, un recoñecemento outorgado pola Société Française de Numismatique.[17] En 2007 foi novamente recoñecido pola ANE, co premio Excelente ao Mérito Numismático.[18]

Foi recoñecido tamén, en 2016, coa prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society, da que foron merecedores no seu día numismáticos da relevancia internacional de Ernest Babelon, Barclay Head, Harold Mattingly, Humphrey Sutherland ou Robert Carson.[19][20][21][22]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads