Perl

linguaxe de programación From Wikipedia, the free encyclopedia

Perl

Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación.

Datos rápidos Tipo, Influído por ...
Perl
Thumb
Thumb

Tipolinguaxe de programación, linguaxe de programación procedural, linguaxe de programación orientada a obxectos, linguaxe de programación multiparadigma, linguaxe de programación imperativa, Linguaxe interpretada, linguagem de script (pt) e software libre
Influído porC++, C, sed (pt) , AWK, BASIC, Lisp e Shell do Unix (pt)
Usocreating (en) , programación e desenvolvemento web
LicenzaLicença artística (software) (pt) e GNU General Public License, version 1.0 or later (en)
Características
Sistema operativoLinux, macOS, Microsoft Windows, Solaris, AIX e HP-UX
Linguaxe de programaciónC
Datas
Publicación18 de decembro de 1987
Creación1987
Persoas e organizacións
Deseñador/aLarry Wall
DesenvolvedorLarry Wall e The Perl Foundation (pt)
Creador/aLarry Wall
Contacto
Páxina WEBperl.org
Redes
Repositorioperl5.git.perl.org… e github.com…
[ Wikidata ]
Pechar

Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.

Historia

Larry Wall comezou a traballar en Perl en 1987 mentres traballaba como programador en Unisys[1] e anunciou a versión 1.0 no grupo de novas comp.sources.misc o 18 de decembro de 1987. A linguaxe expandiuse rapidamente nos seguintes anos. Perl 2, liberado en 1988, achegou un mellor motor de expresións regulares. Perl 3, liberado en 1989, engadiu soporte para datos binarios.

Ata 1991 a única documentación de Perl era unha simple (e cada vez máis longa) páxina de manual Unix. En 1991 publicouse Programming Perl, e converteuse na referencia de facto da linguaxe. Ao mesmo tempo, o número de versión de Perl saltou a 4, non por marcar un gran cambio na linguaxe, senón por identificar a versión que estaba documentada no libro.

Perl 4 trouxo consigo unha serie de lanzamentos de mantemento, culminando en Perl 4.036 en 1993. Neste punto, Larry Wall abandonou Perl 4 para comezar a traballar en Perl 5. Perl 4 quedaría nesa versión ata hoxe.

O desenvolvemento de Perl 5 continuou en 1994. A lista de correo perl5-porters estableceuse en maio de 1994 para coordinar o traballo de adaptación de Perl 5 a diferentes plataformas. É o primeiro foro para desenvolvemento, mantemento e adaptación de Perl 5.

Perl 5 foi liberado o 17 de outubro de 1994. Foi case unha completa reescritura do intérprete e engadiu moitas novas características á linguaxe, incluíndo obxectos, referencias, paquetes e módulos. A destacar, os módulos provén dun mecanismo para estender a linguaxe sen modificar o intérprete. Isto permitiu estabilizar o seu núcleo principal, ademais de permitir aos programadores de Perl engadirlle novas características.

O 26 de outubro de 1995, creouse o Comprehensive Perl Arquive Network (CPAN). CPAN é unha colección de sitios web que almacenan e distribúen fontes en Perl, binarios, documentación, scripts e módulos. Orixinalmente, cada sitio CPAN debía ser accedido a través do seu propio URL; hoxe en día, www.cpan.org redirecciona automaticamente a un dos centos de repositorios espello de CPAN.

En 2007, Perl 5 continua sendo mantido. Características importantes e algunhas construcións esenciais foron engadidas, incluíndo soporte Unicode, Fíos (threads), un soporte importante para a programación orientada a obxectos e outras melloras. A última versión estable liberada é Perl 5.24.0[2].

Linguaxe interpretada

Unha das súas características fundamentais é ser unha linguaxe interpretada (igual ca TCL, Python etc), que pode ser executada en calquera sistema operativo, con tal de que este teña un intérprete desta linguaxe. Polo tanto, non se compila, senón que é un script interpretado pola máquina.

Utilización

Perl é unha linguaxe usada sobre todo nas aplicacións servidor-cliente. Perl é especialmente potente para o manexo de expresións regulares, e ten moitas similitudes con C, aínda que simplificando a xestión da memoria e presentando unha variable universal que pode almacenar tanto números como cadeas sen necesidade de implementar unha conversión de tipo.

Estrutura da linguaxe

Exemplo

En Perl, o programa tipo "Ola mundo" é:

#!/usr/bin/perl -w
use strict;
print "¡Ola mundo!\n"; # "\n" é unha 'nova liña'

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.