Pete Townshend

músico británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Pete Townshend
Remove ads

Peter Dennis Blandford Townshend, nado o 19 de maio de 1945 en Chiswick, Londres, é un guitarrista e compositor británico de rock coñecido principalmente polo seu traballo con The Who, considerada unha das bandas de rock máis inportantes e influíntes do século XX.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Townshend compuxo máis de 100 cancións para 12 dos álbums de estudio de The Who. Entre estes atópanse álbums conceptuais, as óperas rock Tommy e Quadrophenia, e discos populares como Who's Next; ademais de ducias máis que apareceron como sinxelos, cancións extra de reedicións, e temas en recompilatorios de rarezas como Odds & Sods (1974). Tamén compuxo máis dun cento de temas que apareceron nos seus álbums en solitario, ademais de jungles de radio e sintonías de televisión.

Como instrumentista, aínda que é coñecido principalmente como guitarrista, Townshend tamén toca teclados, banxo, acordeón, harmónica, ukelele, mandolina, violín, sintetizadores, baixo e batería, aprendendo a tocar todos estes instrumentos de forma autodidacta.

Remove ads

Discografía só

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads