Petronio
escritor romano (27-66) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Titus Petronius Niger, máis coñecido como Petronio (Petronius Arbiter en latín), nado cara ao ano 27 en Marsella (Galia) e finado cara ao ano 66 en Cumae, foi un escritor romano.

![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2012.) |
No ano 66 foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma. Descuberta a conspiración, sen ningún xuízo, foi obrigado a se suicidar e, na presenza dos seus amigos, cortou os pulsos.
Petronio é autor do Satiricón,[1] unha novela satírica en prosa e verso en latín da que se conservan algúns fragmentos. É unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de dous libertinos: Encolpio e Ascilto.
Petronio é un dos personaxes da novela Quo Vadis? (1894) de Henryk Sienkiewicz.
Remove ads
Notas
- Incluído na colección Clásicos en Galego.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads