Phalacrocorax capensis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Phalacrocorax capensis
Remove ads

Phalacrocorax capensis, xeramenlte chamado corvo mariño do Cabo, é unha especie de corvo mariño endémico da costa suroeste de África.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
P. capensis en Cidade do Cabo, Suráfrica.

Reprodúcese en Namibia sur e sueste da Provincia do Cabo, Suráfrica. Cando non está na tempada reprodutora, pode atoparse bastante máis ao norte, ata a desembocadura do río Congo, e esténdese pola costa leste de Suráfrica ata Mozambique. Na década de 1970, a poboación reprodutora estimábase en arredor dun millón de exemplares só en Namibia. Porén, agora a IUCN clasifíca a especie como "en perigo" debido a un rápido declive da poboación experimentado nas últimas tres xeracións.[1]

É unha ave de cor case enteiramente negra brillante, pero na época reprodutora ten un ton máis purpúreo e algunhas plumas brancas na cabeza, pescozo, e zona cloacal. A súa pel gular é dunha cor amarela alaranxada. Unha característica infrecuente nos corvos mariños é que ten a rexión loreal (entre os ollos e os orificios respiratorios) cuberta de plumas en vez de espida. As ás teñen unha envergadura entre 240 e 280 mm, e o seu peso está entre 0,8 e 1,6 kg, e presenta pouco dimorfismo sexual.

Aliméntanse xeralmente en bandadas, facendo capturas en bancos de peixes a media profundidade, de sardiñas, anchoas, e pequenos ammodítidos. As súas presas son normalmente moito máis pequenas que as da especie simpátrica Phalacrocorax neglectus. Os seus principais depredadores son os chacais Canis mesomelas, que capturan ocasionalmente a adultos mentres están pousados descansando, e aves predadoras que actúan no seu lugar de nidificación como o corvo mariño Phalacrocorax carbo, os pelicanos Pelecanus onocrotalus, e as gaivotas Larus dominicanus.

Xunto con algunhas outras especies de corvos mariños, esta especie é clasificada por algunhas autoridades (por exemplo Johnsgaard) no xénero Leucocarbo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

= Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads