Piéridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os piéridos (Pieridae) son unha ampla familia de lepidópteros do clado Ditrysia. Comprende uns 84 xéneros e máis de 1.100 especies, a maioría de América tropical e o Sueste asiático, mais tamén hai especies en Europa.[4][5]
Remove ads
Características
As especies máis comúns caracterízanse pola súa coloración branca ou amarelo-sulfúrea, a miúdo con manchas negras, pero existen especies negras, vermellas, laranxas e con patróns rechamantes e complexos. Presentan dimorfismo sexual, que se observa con frecuencia no patrón alar.
Os piéridos na vea radial das ás anteriores teñen 3 ou 4 ramas, raramente 5. As patas anteriores de ambos os sexos están ben desenvolvidas, a diferenza de Nymphalidae, e as uñas tarsais son bífidas, a diferenza de Papilionidae.[6]
Nomenclatura e clasificación
William Swainson foi o que empregou o nome Pieridæ por primeira vez en 1820 para distinguir unha familia de bolboretas, mencionando algunhas especies e xéneros que considera característicos da mesma,[7] e logo delimítaa máis formalmente en 1827.[8]

A pesar diso, o nome Pieridae atribúese oficialmente a Duponchel (1835).[3][9] Duponchel utiliza o nome Pierides, tomado da mitoloxía grega, nunha das súas obras (arredor de 1832), e logo en forma latinizada como Pieridae en tomos publicados posteriormente (arredor de 1835).[10]
A familia Pieridae subdivídese en catro subfamilias:
- Pseudopontiinae, que comprende cinco especies dun único xénero, Pseudopontia, de África occidental.[11]
- Dismorphiinae, que inclúe 7 xéneros, a maioría neotropicais; nútrense de plantas da familia Fabaceae.[4]
- Pierinae, con 55 xéneros; aliméntanse de plantas das familias Capparidaceae, Brassicaceae, Santalaceae e Loranthaceae; moitas especies son marcadamente migratorias.[4]
- Coliadinae, con 14 xéneros nos que predominan as cores amarelas ou sulfúreas; moitas especies teñen dimorfismo sexual, que en certos casos é visible só baixo luz ultravioleta.[4]
Filoxenia e evolución
A posición da familia Pieridae na árbore filoxenética das bolboretas da superfamilia Papilionoidea índa non está completamente resolta. A clasificación tradicional colócaa como grupo irmán do clado formado polas familias Nymphalidae, Riodinidae e Lycaenidae.[12] Esta posición fundaméntase en caracteres morfolóxicos xerais e diagnósticos, como o desenvolvemento do primeiro par de patas, a venación, o tipo de pupa, entre outros. Porén, unha análise baseada principalmente en evidencias moleculares non foi concluínte neste caso, e considera que unha colocación alternativa igualmente probable sería como grupo irmán do clado de Riodinidae e Lycaenidae.[13]
Unha análise de reloxo molecular suxire unha orixe cretácea para a familia cunha idade mínima de 112 a 82 millóns de anos.[1] As catro subfamilias forman un par de clados irmáns:
| |||||||||||||||||||||||||
Diversidade e bioxeografía
A maior riqueza de especies encóntrase na rexión Oriental do mundo (se se consideran o sueste asiático ou rexión indomalaia e Australasia) cun 30,2% do total, seguida do Neotrópico co 28,8%. Porén, máis do 90% das especies orientais pertencen a unha única subfamilia (Pierinae), mentres que na rexión Neotropical os Dismorphiinae e Coliadinae representan o 17 e o 16 %, respectivamente.[14]
- Leptosa nina
- Phoebis sennae
- Delias descombesi
- Ixias pyrene
Historia natural

As larvas da maioría das especies aliméntanse de plantas de tres ordes distintas: polo menos 202 especies aliméntanse de Brassicales (crucíferas ou Brassicaceae e familias relacionadas con glicósidos de aceite de mostaza), 136 especies aliméntanse de Fabales (leguminosas, mimosas, acacias etc.), e outras 84 de Santalales (algunhas familias de plantas parasitas), mais tamén de numerosas especies de plantas de polo menos 31 ordes distintas.[14][15] Os machos de moitas especies congréganse en lugares con barro para absorber os sales do substrato húmido.[4]
Igual que os papiliónidos, os piéridos tamén colgan as súas pupas en ángulo mediante unha faixa de seda, pero desde o primeiro segmento abdominal, a diferenza da faixa torácica propia dos Papilionidae.
Importancia
Moitas especies da familia son visitantes frecuentes de flores e poden contribuír á polinización de diversas especies vexetais. Algunhas especies son consideradas pragas para a agricultura, como por exemplo Ascia monuste e Leptophobia aripa que atacan os repolos Brassica oleracea var. viridis.[16]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads