Piéridos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Piéridos
Remove ads

Os piéridos (Pieridae) son unha ampla familia de lepidópteros do clado Ditrysia. Comprende uns 84 xéneros e máis de 1.100 especies, a maioría de América tropical e o Sueste asiático, mais tamén hai especies en Europa.[4][5]

Máis información Pieridae Rango fósil: 112-0 M.a. Baseado en reloxo molecular calibrado, Clasificación científica ...
Remove ads

Características

As especies máis comúns caracterízanse pola súa coloración branca ou amarelo-sulfúrea, a miúdo con manchas negras, pero existen especies negras, vermellas, laranxas e con patróns rechamantes e complexos. Presentan dimorfismo sexual, que se observa con frecuencia no patrón alar.

Os piéridos na vea radial das ás anteriores teñen 3 ou 4 ramas, raramente 5. As patas anteriores de ambos os sexos están ben desenvolvidas, a diferenza de Nymphalidae, e as uñas tarsais son bífidas, a diferenza de Papilionidae.[6]

Remove ads

Nomenclatura e clasificación

William Swainson foi o que empregou o nome Pieridæ por primeira vez en 1820 para distinguir unha familia de bolboretas, mencionando algunhas especies e xéneros que considera característicos da mesma,[7] e logo delimítaa máis formalmente en 1827.[8]

Thumb
Ilustración orixinal da obra de Swainson,[7] onde se menciona por primeira vez o nome Pieridae para unha familia de bolboretas. Na lámina: Enantia melite, subfamilia Dismorphiinae.

A pesar diso, o nome Pieridae atribúese oficialmente a Duponchel (1835).[3][9] Duponchel utiliza o nome Pierides, tomado da mitoloxía grega, nunha das súas obras (arredor de 1832), e logo en forma latinizada como Pieridae en tomos publicados posteriormente (arredor de 1835).[10]

A familia Pieridae subdivídese en catro subfamilias:

  • Pseudopontiinae, que comprende cinco especies dun único xénero, Pseudopontia, de África occidental.[11]
  • Dismorphiinae, que inclúe 7 xéneros, a maioría neotropicais; nútrense de plantas da familia Fabaceae.[4]
  • Pierinae, con 55 xéneros; aliméntanse de plantas das familias Capparidaceae, Brassicaceae, Santalaceae e Loranthaceae; moitas especies son marcadamente migratorias.[4]
  • Coliadinae, con 14 xéneros nos que predominan as cores amarelas ou sulfúreas; moitas especies teñen dimorfismo sexual, que en certos casos é visible só baixo luz ultravioleta.[4]
Remove ads

Filoxenia e evolución

A posición da familia Pieridae na árbore filoxenética das bolboretas da superfamilia Papilionoidea índa non está completamente resolta. A clasificación tradicional colócaa como grupo irmán do clado formado polas familias Nymphalidae, Riodinidae e Lycaenidae.[12] Esta posición fundaméntase en caracteres morfolóxicos xerais e diagnósticos, como o desenvolvemento do primeiro par de patas, a venación, o tipo de pupa, entre outros. Porén, unha análise baseada principalmente en evidencias moleculares non foi concluínte neste caso, e considera que unha colocación alternativa igualmente probable sería como grupo irmán do clado de Riodinidae e Lycaenidae.[13]

Unha análise de reloxo molecular suxire unha orixe cretácea para a familia cunha idade mínima de 112 a 82 millóns de anos.[1] As catro subfamilias forman un par de clados irmáns:

 

Outras bolboretas (Superfamilia Papilionoidea)

Familia Pieridae

Pseudopontiinae

Dismorphiinae

Pierinae

Coliadinae

Diversidade e bioxeografía

A maior riqueza de especies encóntrase na rexión Oriental do mundo (se se consideran o sueste asiático ou rexión indomalaia e Australasia) cun 30,2% do total, seguida do Neotrópico co 28,8%. Porén, máis do 90% das especies orientais pertencen a unha única subfamilia (Pierinae), mentres que na rexión Neotropical os Dismorphiinae e Coliadinae representan o 17 e o 16 %, respectivamente.[14]

Máis información Subfamilia, Neártico ...
Remove ads

Historia natural

Thumb
Eurema nicippe alimentándose do barro en Carolina do Sur.

As larvas da maioría das especies aliméntanse de plantas de tres ordes distintas: polo menos 202 especies aliméntanse de Brassicales (crucíferas ou Brassicaceae e familias relacionadas con glicósidos de aceite de mostaza), 136 especies aliméntanse de Fabales (leguminosas, mimosas, acacias etc.), e outras 84 de Santalales (algunhas familias de plantas parasitas), mais tamén de numerosas especies de plantas de polo menos 31 ordes distintas.[14][15] Os machos de moitas especies congréganse en lugares con barro para absorber os sales do substrato húmido.[4]

Igual que os papiliónidos, os piéridos tamén colgan as súas pupas en ángulo mediante unha faixa de seda, pero desde o primeiro segmento abdominal, a diferenza da faixa torácica propia dos Papilionidae.

Remove ads

Importancia

Moitas especies da familia son visitantes frecuentes de flores e poden contribuír á polinización de diversas especies vexetais. Algunhas especies son consideradas pragas para a agricultura, como por exemplo Ascia monuste e Leptophobia aripa que atacan os repolos Brassica oleracea var. viridis.[16]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads