Piñeiro, Ames
parroquia civil do concello de Ames From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Mamede de Piñeiro (á espera da oficialización da forma Sanamede de Piñeiro[2]) é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 244 habitantes (119 homes e 125 mulleres) 35 menos ca en 2006 e 62 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Piñeiro.

Remove ads
Toponimia
O topónimo Piñeiro, derivado do latín pinārĭu, é un fitónimo referido á presenza de piñeiros.[2]
Xeografía
Esténdense sobre unha superficie de 6,14 km². A parroquia é limítrofe coas de Ameixenda e Tapia. As aldeas son, de sur a norte: Covas, Rúa (ou Piñeiro de Abaixo), San Mamede (ou Piñeiro do Medio), Vilaverde, Fernande e Balindo.
A parroquia está conectada con Santiago de Compostela mediante unha liña de bus[3] operada pola empresa Hermanos Ferrín.
Patrimonio
A igrexa parroquial sitúase en Piñeiro do Medio e está consagrada a San Mamede.
Lugares e parroquias
Lugares de Piñeiro
Lugares da parroquia de Piñeiro no concello de Ames (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Ames
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads