Picea

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Picea
Remove ads

As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia coma árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo. Ademais do uso ornamental, en xardinaxe, e coma árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así coma para fabricar instrumentos musicais, coma violíns ou guitarras.[1]

Máis información Piceas (xénero Picea), Clasificación científica ...
Thumb
Picea mariana
Thumb
Cono de Picea sitchensis
Remove ads

Clasificación

A análise do ADN[2][3] demostrou que as clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía da acícula e no estróbilo son artificiais. Un estudo recente[2] encontrou que P. breweriana ten unha posición basal, seguida por P. sitchensis, e mais as outras especies dividíronse en tres clados, suxestionando que a Picea orixinouse en América do Norte.

Hai trinta e cinco especies nomeadas de piceas.

Clado I

Clado II

  • Picea sitchensis Picea de Sitka. Costa do Pacífico de América do Norte; a especie de maior tamaño, até 95 m de alto; importante en silvicultura.

Clado III

Clado IV

  • Picea brachytyla. Suroeste da China.
  • Picea chihuahuana. Nordés de México (rara).
  • Picea farreri. Nordés de Birmania, suroeste da China (montañas).
  • Picea likiangensis. Suroeste da China.
  • Picea martinezii. Nordés de México (moi rara, en perigo).
  • Picea maximowiczii. Xapón (rara, montañas).
  • Picea morrisonicola. Taiwán (alta montaña).
  • Picea neoveitchii. Noroeste da China (rara, en perigo).
  • Picea orientalis Picea oriental. Cáucaso, nordés de Turquía.
  • Picea purpurea. Oeste da China.
  • Picea schrenkiana. Montañas do centro de Asia.
  • Picea smithiana. Himalaia occidental.
  • Picea spinulosa. Himalaia oriental.
  • Picea torano. Xapón.
  • Picea wilsonii. Oeste da China.

Clado V

  • Picea abies Abeto vermello, abeto do norte, abeto rubio, falso abeto, picea común, picea norueguesa. Europa; importante en silvicultura. É a árbore de Nadal orixinaria.
  • Picea alcoquiana ("P. bicolor"). Xapón central (montañas).
  • Picea alpestris. Os Alpes en Europa; rara, a miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela), mais cos conos distintos.
  • Picea asperata. China occidental; varias variedades.
  • Picea crassifolia. China.
  • Picea glehnii. Xapón setentrional, Sakhalín.
  • Picea jezoensis. Nordés de Asia, Kamchatka sur até o Xapón.
  • Picea koraiensis. Corea, nordés da China.
  • Picea koyamae Picea de Koyama. Xapón (montañas).
  • Picea mariana Picea negra. América do Norte setentrional.
  • Picea meyeri.
  • Picea obovata. Norte de Escandinavia, Siberia. A miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela) mais os conos son distintos.
  • Picea omorika Picea de Serbia. Serbia; endemismo local; importante en horticultura.
  • Picea pungens Picea do Colorado ou picea azul. Montañas Rochosas, América do Norte; importante en horticultura.
  • Picea retroflexa. China.
  • Picea rubens Picea vermella americana. América do Norte nororiental; importante en silvicultura.
Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads