Pichi Alonso
Futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ángel Alonso Herrera, coñecido como Pichi Alonso, nado en Benicarló o 17 de decembro de 1954, é un ex futbolista e ex adestrador español.[1] Xogaba como dianteiro centro e destacou especialmente no Zaragoza, club do que é o terceiro máximo goleador histórico, só por detrás de Marcelino e Joaquín Murillo.
Remove ads
Traxectoria
Como futbolista
Debutou na Segunda División na tempada 1975/76, mentres xogaba nas filas do Castellón. Marcou 8 goles en liga na súa primeira campaña, cifra que aumentou ata 12 na segunda.
En 1977 fichou polo Real Zaragoza, adestrado por Arsenio Iglesias. Na súa primeira tempada en Zaragoza proclamouse campión da Segunda División, contribuíndo con 22 goles, rexistro que o colocou no segundo posto da táboa de máximos goleadores da competición, só por detrás do galego Alfonso Castro, con 24. Xogou co Zaragoza en Primeira División durante as seguintes catro campañas, rematando sempre entre os oito máximos goleadores da liga. Na última delas, 1981/82 foi o segundo máximo anotador da liga con 16 goles, aínda que lonxe dos 26 de Quini.
En 1982 fichou polo FC Barcelona, no que xogou durante catro tempadas, gañando varios títulos, pero con menor participación que nos equipos anteriores. Durante a súa etapa no Camp Nou marcou un triplete ante o IFK Göteborg nas semifinais da Copa de Europa, que serviron para empatar a eliminatoria e forzar a prórroga e a quenda de penaltis na que finalmente o club catalán conseguiu o pase á final.[2][3] Disputou tamén a final contra o Steaua de Bucarest, entrando dende o banco nos minutos finais da prórroga, como substituto do escocés Steven Archibald. Realizou un dos lanzamentos da quenda de penaltis, pero foi detido polo gardameta romanés Helmuth Duckadam, que parou aquela noite todos os penaltis, sendo deste xeito o título para o Steaua.[4]
Na tempada 1986/87 pasou ao Espanyol, onde recuperou a titularidade, e as boas cifras goleadoras, rematando a súa primeira campaña con 17 dianas, só superado na liga por Hugo Sánchez, Lineker e Magdaleno. Xogou no Espanyol durante tres tempadas ata a súa retirada en 1989. Como futbolista, marcou un total de 107 goles en 261 partidos na Primeira División.
Como adestrador
Retirado como futbolista, obtivo o título de adestrador e debutou no banco do Figueres de Segunda División, na tempada 1992–93,[5] que rematou co descenso do equipo catalán.[6] Posteriormente desenvolveu tarefas técnicas como segundo adestrador de Víctor Muñoz no RCD Mallorca.[7]
Durante a década de 1990 compaxinou o seu traballo como comentarista deportivo en TV3, a televisión autonómica de Cataluña, como adestrador da selección de fútbol de Cataluña. Foi substituído por Pere Gratacós como técnico de Cataluña en 2005 (acumulando un total de 10 anos á fronte e só 3 derrotas ante a Arxentina e o Brasil, dúas veces.[8] En 2006 marchou a Ucraína, onde adestrou durante uns meses o Metalurh Donetsk.[9][10]
Tras esa breve experiencia, volveu a TV3 para retomar o seu traballo como analista técnico en partidos de fútbol e como comentarista de diferentes programas da cadea. En setembro de 2012 incorporouse a Canal+ para realizar o mesmo traballo.[11]
Remove ads
Palmarés
- Real Zaragoza
- Segunda División (1): 1977/78.
- FC Barcelona
- Primeira División (1): 1984/85.
- Copa do Rei (1): 1982/83.
- Supercopa de España (1): 1983.
- Copa da Liga (2): 1983, 1986.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads