Ping

utilidade de rede de computadores que permite comprobar as conexións entre varios hosts nunha rede IP From Wikipedia, the free encyclopedia

Ping
Remove ads

Ping é unha utilidade de rede de computadores que permite comprobar as conexións entre varios hosts nunha rede IP. Está dispoñible nunha gran variedade de sistemas operativos, entre os que se inclúen a meirande parte do software integrado de xestión de redes.

Datos rápidos Datas, Identificadores ...

Ping mide o tempo de ida e volta das mensaxes enviadas dende o host de orixe ao ordenador de destino, que se devolven de novo á orixe. O nome provén da terminoloxía do sonar activo, que envía un pulso de son e escoita o seu eco para detectar obxectos submarinos.[1] O comando ping emprega os paquetes de solicitude de eco e resposta coa fin de determinar se un sistema cun enderezo IP determinado está presente na rede.

Para funcionar, ping emprega paquetes ICMP (do inglés: Internet Control Message Protocol). Usar ping implica enviar unha "solicitude de eco ICMP" ao servidor desexado e agardar por unha "resposta de eco ICMP". O programa informa de erros, da perda dos paquetes e un resumo estatístico dos resultados, que adoitan incluír o mínimo, o máximo, a media de viaxes de ida e volta e a desviación típica da media.

As opcións de liña de comandos e de saída do terminal dependen da implementación. Poden incluír o tamaño da carga (en inglés: payload), a conta dos tests, o límite de saltos na rede (TTL) ou o intervalo entre a solicitude e a resposta. Moitos sistemas ofrecen tamén a ferramenta "ping6" para as redes IPv6.

Remove ads

Historia

A ferramenta ping foi escrita por Mike Muus en decembro de 1983 namentres traballaba para o Ballistic Research Laboratory (na actualidade, o Laboratorio de Investigación do Exército dos Estados Unidos). Un comentario de David Mills sobre o uso de paquetes de eco ICMP para diagnosticar e medir as redes IP levouno a crear un programa para arranxar problemas nas redes.[1] Decidiu nomealo en base ao son que emite un sonar, xa que a metodoloxía de ping é análoga á ecolocación por sonar.[1][2] Porén, o retroacrónimo "Packet Internet Groper" (en galego: Poupador de Paquetes de Internet) lévase usando dende hai máis de 30 anos. Muus afirmou que, dende o seu punto de vista, ping non buscaba ser un acrónimo, mais acabou aceptando a ampliación do nome iniciada por Mills.[1][3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads